O BNG pedirá no pleno que o Concello esixa unha inspección na Residencia San Carlos

Leopoldo Rodríguez, concelleiro e portavoz do BNG Celanova
Leopoldo Rodríguez, concelleiro e portavoz do BNG Celanova
As nacionalistas presentan unha moción para o pleno de maio solicitando o apoio ás familias nas accións que emprendan para esclarecer os feitos durante a crise no centro de maiores.
O BNG pedirá no pleno que o Concello esixa unha inspección na Residencia San Carlos

O BNG de Celanova rexistrará esta semana a súa primeira moción de cara ao pleno deste mes de maio, o primeiro desde o pasado febreiro, no que as nacionalistas porán sobre a mesa a crise polo brote de covid19 na Residencia San Carlos de Celanova.


As nacionalistas manifestan que “a crise non rematou” e volven insistir no abandono que sufriron residentes, familias e traballadoras da San Carlos porque “as residencias que seguen acollendo covids foron todas medicalizadas”. O BNG reclama un acordo plenario que recoñeza “o dereito [das usuarias e usuarios] a recibir unha atención sanitaria xusta e equitativa, de acordo cos protocolos sanitarios e tal como establece a lexislación estatal vixente, a Carta dos dereitos Fundamentais da Unión Europea (art.35) e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (art.25)”.


O BNG relata os feitos relevantes na crise da residencia e pide unha reflexión para “entender o que pasou”, mentres advirte que xa chegará “o momento de determinar responsabilidades”. Polo de agora, as nacionalistas solicitarán do pleno que inste ao goberno local a demandar “das autoridades competentes que se realice unha inspección no centro no prazo máis breve posíbel”.

O BNG pedirá no pleno que o Concello esixa unha inspección na Residencia San Carlos