O BNG presenta mocións en 6 concellos para recuperar o servizo de radiodiagnóstico

Foto: @LaRegion
Foto: @LaRegion
A corporación municipal de Celanova debaterá no pleno de mañá mércores a proposta, que xa saíu adiante na Merca. As nacionalistas pedirán tamén o compromiso do resto de forzas nos plenos da Bola, Cartelle, Ramirás e Verea. 
O BNG presenta mocións en 6 concellos para recuperar o servizo de radiodiagnóstico

O BNG rexistrou mocións en seis concellos da comarca Terra de Celanova [A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Ramirás e Verea] esixindo a restitución do servizo de radiodiagnóstico no centro de saúde de Celanova que leva catro meses sen funcionar e obriga aos doentes que precisan del a desprazarse a Ourense e demoran de maneira considerábel e inxustificada a atención.

 

O BNG lembra que unha iniciativa veciñal para reclamar a restitución do servizo recolleu máis de 2.500 firmas, o equivalente ao 10% da poboación da Terra de Celanova e da Baixa Limia, comarcas afectadas polas deficiencias no servizo, e insiste en que as nacionalistas estudan levar o asunto ao Parlamento galego para denunciar o desinterese da Administración. 

 

A moción presentada insta a estes concellos a protestar diante do desleixo da Xunta de Galiza e a tomar unha posición clara en defensa dos dereitos das súas veciñas demandando unha solución inmediata. 
 

O BNG presenta mocións en 6 concellos para recuperar o servizo de radiodiagnóstico