O BNG de Ramirás impulsa a declaración da Pontenova como zona de baño

zona baño a ponte nova. Ramirás. Cartelle. xullo 2020
Área recreativa da Pontenova.
As nacionalistas urxen á alcaldesa a que axilice as xestións para que o espazo no río Arnoia recupere con todas as garantías un dos seus usos máis demandados.
O BNG de Ramirás impulsa a declaración da Pontenova como zona de baño

O BNG de Ramirás quere que a Alcaldía axilice as xestións para que a Área Recreativa da Pontenova sexa catalogada como zona de baño, tal como se acordou por unanimidade no último pleno municipal despois dunha moción presentada polas nacionalistas.

 

A cualificación das augas depende da Consellería de Sanidade que elabora un censo anual de espazos aptos para o baño durante a tempada que vai do 1 de xuño até o 30 de setembro. Ao final da tempada de baño, cos datos obtidos nesa tempada o cos resultados das tres tempadas de baño anteriores, calcúlase a clasificación sanitaria da auga de baño.

 

As nacionalistas consideran que a recuperación da Pontenova, situada no Arnoia que marca o límite co Concello de Cartelle nunha área de gran afluencia de usuarias e usuarios nos meses de verán polo regreso de poboación emigrada, demanda que este ano aumentou polas circunstancias sanitarias, contribuirá ademais de prestar un servizo para o lecer a mellorar a calidade ambiental do río e os coidados da contorna.

 

Na actualidade, hai máis de medio millar de zonas aptas para o baño no país, a maioría gozan da cualificación de excelente. Nos concellos de Cartelle e Ramirás non existe zona ningunha deste tipo. 

O BNG de Ramirás impulsa a declaración da Pontenova como zona de baño