Concelleiro do PP nega a realidade da violencia de xénero no pleno da Merca e vota contra mellora de recursos

Ernesta Seoane, responsábel comarcal do BNG, coa concelleira Teresa Garrido, antes do pleno deste martes na Merca
Ernesta Seoane, responsábel comarcal do BNG, coa concelleira Teresa Garrido, antes do pleno deste martes na Merca.
O grupo do PP dividiu os seus votos con 1 a favor, 3 abstencións e un en contra, motivado este por considerar que non é necesaria xa que: na violencia “non hai xéneros senón persoas”
 
Concelleiro do PP nega a realidade da violencia de xénero no pleno da Merca e vota contra mellora de recursos

A moción que defendeu a concelleira nacionalista Teresa Garrido, na que se reclamaba campañas de formación para a veciñanza, a implicación dos colectivos feministas e asociacións de mulleres no CIM da Mancomunidade e máis recursos para as políticas públicas nesta materia, así como que a Xunta incremente os recursos destinados a loita contra a violencia machista saíu adiante cos votos favorábeis da concelleira do BNG, do PSOE e un concelleiro do PP; mentres tres concelleiros do PP abstivéronse e outro votou en contra, xustificando o seu voto en que  “non hai xénero senón persoas” e que “ unha persoa non ten que ser valorada polo seu xénero senón como persoa”, poñendo en cuestión a necesidade de políticas públicas con perspectiva de xénero, mesmo nun aspecto tan sensíbel como o da violencia machista.



No mesmo punto do debate, o Sr Alcalde cualificou de “patéticas” tódalas manifestacións e actos civís institucionais de todo tipo incluídas as do 25N.



Espallar o ocio e o deporte por todas as parroquias

O BNG, tamén conseguiu sacar adiante a iniciativa para que o goberno municipal da Merca organice andainas en todas as parroquias e non sempre na mesma, tal e como leva feito nos últimos 10 anos. A moción acordada insta ao goberno local a promover “eventos culturais e deportivos nas distintas parroquias”, a “organizar cando menos unha andaina ao ano que teña un percorrido diferente á do ano anterior con saída cada ano nunha parroquia distinta”, e que “colabore coas entidades que teñan relación con distintas parroquias, apoiando as actividades que organicen”.



Sobre esta cuestión manifestouse o segundo tenente de alcalde, quen sostivo que non hai máis “ecoespazo” que o da Broa e que só nesa parroquia hai voluntarios para poder organizar o evento. Outro dos concelleiros populares,  engadiu que outros percorridos que considerados “son pistas da parcelaria”, lugares “feos” e ningún outro “co encanto da Broa”. Porén, os populares votaron, esta vez si, todos a favor da moción do BNG, que foi aprobada por unanimidade.



Igrexa da Mezquita

Despois de ter presentado unha petición por rexistro, as nacionalistas tamén lembraron ao goberno municipal a urxencia dunha actuación para arranxar o muro e a escaleira de acceso ao adro da Igrexa da Mezquita. O alcalde informou de que o arquitecto municipal está preparando os proxecto para enviar a Patrimonio, plans que inclúen melloras no acceso para persoas con dificultades de mobilidade.

Concelleiro do PP nega a realidade da violencia de xénero no pleno da Merca e vota contra mellora de recursos