PP e CD rexeitan a proposta de moratoria eólica en Celanova
O grupo do alcalde e os populares néganse a debater unha declaración institucional para paralizar calquera proxecto eólico no municipio e asumen que “a Xunta xa fai todo o traballo de control” mentres o Plan Eólico, obsoleto, deixou hai tempo de protexer a saúde das persoas, o medio e o patrimonio contra este tipo de instalación.
O BNG deixa constancia da súa protesta contra o uso político do Premio Celanova, concedido polo alcalde e membros do PP, para tratar de tapar a nefasta xestión da Xunta e da propia Alcaldía na crise da covid na Residencia San Carlos, hoxe en mans dun conglomerado privado.
As nacionalistas preguntan o Alcalde onde está o estudo de turismo que acompaña o informe coñecido como “Proyecto de Humanización del Casco Histórico de Celanova para fomento del turismo", e o Alcalde responde que non sabe nada, que el non fai os informes, que lle pregunten o técnico.
O BNG propón unha reunión para corrixir erros na precipitada peonalización
As nacionalistas piden que o alcalde informe e escoite aos grupos e ás veciñas directamente afectadas e deteña o plan mentres non se estuden, analicen e corrixan os erros.
O BNG advirte que ao goberno local que non conta co apoio de boa parte do comercio e da veciñanza a unha media que presentou como humanización pero que só atende a unha idea: meter aparcadoiros próximos ao centro.
Leopoldo Rodríguez, portavoz nacionalista en Celanova, advirte diante de situacións inxustas como a que sufre un negocio de alimentación que se ve convertido “nunha rotonda” pola mala planificación e as présas do goberno local.
Celanova vai o esprinte cara outra peonalización chapuceira do goberno Puga
“Como se pode falar de humanizar o centro urbano cando o que se pretende e rodear o Mosteiro e a praza Maior con 500 prazas de aparcadoiros?”, cuestiona o portavoz nacionalista.
O BNG pedirá que se adíe a aplicación da medida e se convoque un proceso de participación no que a veciñanza toda poda informarse, opinar e propoñer alternativas.