“Demandamos explicacións do fracaso no Xurés porque parece que a Xunta abandonou o Parque Natural”
"O BNG protesta pola falta de sensibilidade e pola falta de medios para responder aos incendios no Parque Natural do Xurés. Desde hai uns anos, os lumes sucédense cada ano máis cedo e estanse a perder centos e miles de hectáreas dunha área que debería gozar de recursos suficientes para a súa protección e coidado", sinalou este mércores Ernesta Seoane, responsábel comarcal BNG Celanova-Baixa Limia.
O incendio que afectou 160 hectáreas, segundo as estimacións da Consellería de Medio Rural, no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, levou por diante toda a área da Reserva Integral de Salgueiros. O lume, segundo fontes da consellería, orixinouse en Portugal, como outros que aconteceron durante a fin de semana.
En opinión do BNG, a resposta do dispositivo de indistinción foi, dado o resultado, insuficiente. Cada ano arden centos de hectáreas protexidas no parque natural máis grande do país. De pouco sirve a protección. De nada documentos que fican en papel mollado como o Plan de Usos do Parque, aprobado pola Xunta.
"Demandamos da Consellería de Medio Ambiente e da Consellería de Medio Rural, así como do Delegado Territorial en Ourense explicacións a respecto dun novo fracaso na atención ao Parque do Xurés, o maior de Galiza, e que parece que foi abandonado pola Xunta, que só se acorda de xestionar os nosos espazos protexidos cando se trata de dar licencias para minas ou para eólicos", di Seoane.
No artigo 11.1 do Decreto 24/2022, de 3 de febreiro, polo que se aproba o Plan dise: "Zona I de reserva: son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergar os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades".
"O Parque do Xurés, o maior de Galiza, e que parece que foi abandonado pola Xunta, que só se acorda de xestionar os nosos espazos protexidos cando se trata de dar licencias para minas ou para eólicos", di Seoane.
O BNG lembra que o Plan apenas ten un ano e que a realidade do Parque, sen xestión nin recursos materiais, impuxose. Non hai Plan contra a desfeita. O Xurés foi abandonado pola Administración pública.