As rúas da Urbanización Guadix, en Celanova, precisan unha intervención urxente

Problemas na Urbanización Guadix. Outubro 2022 (19) (FILEminimizer)
Urbanización Guadix, en Celanova.
O BNG solicitará no pleno extraordinario de mañá martes, convocado, entre outras cuestións para aprobar unha partida orzamentaria para o arranxo de beirarrúas na Urbanización San Torcuato, que estes traballos se amplíen de maneira inmediata á Urbanización Guadix, lindeira coa anterior.
As rúas da Urbanización Guadix, en Celanova, precisan unha intervención urxente

O BNG puido comprobar as graves deficiencias que presentan as rúas e beirarrúas desta urbanización e recoller o malestar e a preocupación de veciñas e veciños. 

 

O BNG chama a atención en primeiro lugar sobre o perigo que representan, para crianzas e persoas maiores, os buratos de obras de urbanización incompletas desde hai máis de dez anos e que nalgúns casos están mal pechados e mal sinalizados, e noutros, seguen abertos. Urxe tapar e sinalizar eses buratos na beirarrúa da parte oeste da Urbanización Guadix.

 

Ademais, tamén supoñen elementos de risco para persoas e bens a falta de limpeza das beirarrúas, invadidas en varios tramos pola vexetación, ou a presenza de ferros ou tubos nas propias beirarrúas, así como a falta de mecanismos de ancoraxe dos colectores do lixo, que nunha rúa en pendente son desprazados ou derribados cando hai vento. 

Problemas na Urbanización Guadix. Outubro 2022 (11)
Burato nunha beirarrúa sen urbanizar, no sector oeste da Guadix.

Na rúa que separa ambas urbanizacións, as deficiencias no remate do asfaltado por parte das empresas que construíron a vía vanse agravando co paso dos anos sen que nin este nin o goberno anterior teñan feito nada neste tempo por corrixir unhas fochancas tan perigosas como indecentes. 

 

O BNG convida ao resto dos grupos a acordar canto antes unha intervención municipal nesas rúas e beirarrúas, onde ademais dos puntos de luz necesarios son precisas actuacións urxentes no plano da seguridade das persoas.

As rúas da Urbanización Guadix, en Celanova, precisan unha intervención urxente