O BNG de Cartelle exixe unha actuación urxente para a posta en valor do Castro de Pereda

(3) foto de satélite do castro, ao noroeste de Cartelle
Foto de satélite do castro, ao noroeste de Cartelle.
As nacionalistas levan a pleno unha moción para que o Concello de Cartelle inicie os traballos arqueolóxicos no castro e acometa os traballos de roza e sinalización do perímetro.
O BNG de Cartelle exixe unha actuación urxente para a posta en valor do Castro de Pereda

O concelleiro do BNG en Cartelle, Manuel Osorio, rexistrou unha moción para o seu debate no pleno municipal na que as nacionalistas demandan do goberno local unha actuación urxente para a recuperación patrimonial do Castro da Cidade de Pereda (coñecido popularmente como A Cidá), situado apenas a uns centos de metros da localidade de Cartelle, parroquia de Santa María, e que figura na actualización realizada no ano 2020 do Plan Básico Autonómico.


(1) Ficha do castro no Catálogo de Patrimonio Cultural_page-0001O BNG advirte na moción da realización de traballos de aproveitamento madeireiro que contribuíron a limpar a zona, polo que, consideran as nacionalistas, “sería convinte aproveitar a situación para poñer o castro en valor, tanto a nivel cultural como turístico”.


O BNG reclama do goberno municipal que solicite os permisos á comunidade de montes e a Dirección Xeral de Patrimonio para iniciar o labor arqueolóxico de delimitación e marcado do perímetro, así como que acometa os traballos de roza e sinalización para manter limpo o terreo. A futuro, as nacionalistas piden que se demande “financiamento a organismos públicos” para desenvolver unha primeira cata arqueolóxica.

[Á dereita, ficha do castro no Catálogo da Xunta de Galiza].

 

O BNG de Cartelle exixe unha actuación urxente para a posta en valor do Castro de Pereda