COMUNICADO
O BNG esixe ao SERGAS que deixe de mentir e asuma o erro na xestión en Celanova
O BNG de Celanova reitera a denuncia formulada onte a respecto da decisión do SERGAS de trasladar un paciente de covid19 desde o CHUO á residencia de maiores de Celanova en contra dos criterios que viña seguindo até o momento e que aconsellaban separar casos positivos e casos negativos.
O BNG considera que a alerta lanzada este sábado era o suficientemente grave para que o SERGAS tivese tomado a molestia de verificar e contrastar a información antes de emitir un comunicado no que minte sobre o traslado.
O BNG esixe ao SERGAS, unha entidade pública encargada de velar pola saúde da poboación, que deixe de mentir, asuma o erro na xestión do caso e corrixa a situación na residencia San Carlos de Celanova, un centro que a día de hoxe segue albergando tanto residentes non afectados como afectados, un deles, o caso sobre o que alertamos onte.
A nosa denuncia onte: http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/bng-celanova-revela-sergas-retorna-agora-covids-residencia-celanova/20200418154316000747.html