A CORPORACIÓN E O PADROADO DA RESIDENCIA COMPARTEN UN ACORDO HISTÓRICO

O BNG pide designar no próximo pleno á representante da corporación no padroado da residencia de Celanova

Pleno municipal de Celanova do 23 de setembro de 2020
Pleno municipal de Celanova do 23 de setembro de 2020.
As nacionalistas buscarán un consenso entre os grupos para que a axuda urxente de 72.000 euros que solicita o centro de maiores se acorde tamén no pleno de novembro e se faga efectiva antes de final de ano.
O BNG pide designar no próximo pleno á representante da corporación no padroado da residencia de Celanova

O BNG de Celanova buscará esta semana o apoio unánime dos grupos para avanzar nos acordos plenarios do pasado 23 de setembro e concretar a concesión no próximo pleno, previsto para este mes, da axuda urxente que solicita o Padroado da Residencia San Carlos de Celanova, así como a designación na mesma sesión da concelleira ou concelleiro que representará a corporación municipal nese Padroado.

 

As nacionalistas xa se mostraron abertas a apoiar calquera proposta que veña tanto da coalición de goberno como do primeiro grupo da oposición, e esperan que chegar o pleno cun consenso amplo a respecto da persoa designada para acompañar ao alcalde nese Padroado ampliado, que reforza o carácter público do centro e reflicte o compromiso firme do Concello de Celanova coa Residencia San Carlos.

 

Ademais, esperan que, tal e como se conseguiu en setembro, se dea un acordo unánime para asumir e sacar adiante de maneira urxente a axuda de 72.000 euros que solicitou por escrito e nas condicións que se lle pediron desde a corporación municipal o consello reitor. O BNG pulará porque esa subvención extraordinaria -que trata de compensar o impacto da crise da covid nas contas do centro de maiores- se faga efectiva antes de finalizar o ano.

 

O BNG presentará unha moción neste sentido aberta ao acordo co resto dos grupos, acordo que procurou en setembro e finalmente se conseguiu. Por último, as nacionalistas agradecen que as familias de residentes e as asociacións de familiares de usuarias teñan tomado o acordo alcanzado en Celanova e agora aceptado polo Padroado da San Carlos como exemplo para o que debe ser a futura participación de diferentes actores até hoxe excluídos na xestión das residencias.
 

 

A nova, na prensa:

La Región https://www.laregion.es/articulo/celanova/bng-celanoves-agiliza-mocion-san-carlos/20201115203341985413.html

Badal https://www.badalnovas.com/2020/11/15/o-bng-pide-designar-no-proximo-pleno-a-representante-da-corporacion-no-padroado-da-residencia-de-celanova/

Faro https://www.farodevigo.es/ourense/2020/11/16/bng-urge-pago-urgente-ayuda-23208787.html

 

 

 

O BNG pide designar no próximo pleno á representante da corporación no padroado da residencia de Celanova