A CORPORACIÓN E O PADROADO DA RESIDENCIA COMPARTEN UN ACORDO HISTÓRICO
O BNG pide designar no próximo pleno á representante da corporación no padroado da residencia de Celanova
O BNG de Celanova buscará esta semana o apoio unánime dos grupos para avanzar nos acordos plenarios do pasado 23 de setembro e concretar a concesión no próximo pleno, previsto para este mes, da axuda urxente que solicita o Padroado da Residencia San Carlos de Celanova, así como a designación na mesma sesión da concelleira ou concelleiro que representará a corporación municipal nese Padroado.
As nacionalistas xa se mostraron abertas a apoiar calquera proposta que veña tanto da coalición de goberno como do primeiro grupo da oposición, e esperan que chegar o pleno cun consenso amplo a respecto da persoa designada para acompañar ao alcalde nese Padroado ampliado, que reforza o carácter público do centro e reflicte o compromiso firme do Concello de Celanova coa Residencia San Carlos.
Ademais, esperan que, tal e como se conseguiu en setembro, se dea un acordo unánime para asumir e sacar adiante de maneira urxente a axuda de 72.000 euros que solicitou por escrito e nas condicións que se lle pediron desde a corporación municipal o consello reitor. O BNG pulará porque esa subvención extraordinaria -que trata de compensar o impacto da crise da covid nas contas do centro de maiores- se faga efectiva antes de finalizar o ano.
O BNG presentará unha moción neste sentido aberta ao acordo co resto dos grupos, acordo que procurou en setembro e finalmente se conseguiu. Por último, as nacionalistas agradecen que as familias de residentes e as asociacións de familiares de usuarias teñan tomado o acordo alcanzado en Celanova e agora aceptado polo Padroado da San Carlos como exemplo para o que debe ser a futura participación de diferentes actores até hoxe excluídos na xestión das residencias.
A nova, na prensa:
Faro https://www.farodevigo.es/ourense/2020/11/16/bng-urge-pago-urgente-ayuda-23208787.html
Concello e padroado, familias e partidos, de acordo. Impulso definitivo: concretar prazos de axuda e persoas responsábels.#Celanova https://t.co/Z7sYFgojI6 #residenciasdignas #EuApoioFamiliasCelanova
— BNG Celanova | Baixa Limia e Terra de Celanova (@BngCelanova) November 16, 2020