O BNG acada o apoio unánime do pleno de Cartelle para a parcelaria na parroquia de Sande
O voceiro municipal do BNG de Cartelle, Manuel Osorio, acadou o apoio da corporación municipal do concello de Cartelle para a adecuación territorial da parroquia de Sande mediante a agrupación, redimensionamento e mellora de estruturas e infraestruturas.
Os nacionalistas levaron ao pleno de Cartelle do mes de novembro a demanda que o BNG viña reivindicado desde hai meses, e tras o debate na corporación municipal, Manuel Osorio acadou que a moción para a tramitación da estruturación parcelaria da parroquia de Sande fose aprobada de forma consensuada pola maioría dos grupos presentes no ente municipal.
O BNG de Cartelle solicita que o antes posible, desde o concello de Cartelle, se leven a cabo as actuacións encamiñadas a dar cumprimento a moción aprobada, sinaldamente a consulta cas oficinas de Medio Rural en Ourense encargadas de concentración parcelaria, así como as autorizacións e firmas dos propietarios da parroquia de Sande.
Manuel Osorio manifestou que é unha necesidade primordial potenciar a conservación e permanencia dos elevadísimos valores territoriais, agrarios, gandeiros, forestais, medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos cos que conta a parroquia de Sande a través da reorganización espacial e funcional da súa estrutura territorial existente, de acordo cos criterios dunha ordenación adecuada e sostible dos seus aproveitamentos, calquera que sexan, para facer rendíbel e viable a actividade produtiva, e que sirvan de freo o despoboamento do medio rural.