Pleno municipal
Portadas
pleno Orzamentos pleno clandestino. Xaneiro 2021

O Concello de Celanova négase a axudar á Residencia San Carlos

A portavoz do PSOE acusa o BNG de estar “facendo política” (?) e di que a veciñanza “pensa que hai cousas” máis urxentes que “gastar 72.000 euros” en axudar anciáns “que non son os únicos anciáns, porque hai outros en centros de día e fogares” que tamén o precisan.

 

O alcalde tamén escapa de comprometerse a asumir a súa obriga no Padroado da San Carlos, como membro nato en representación da Alcaldía, di que se ofreceu despois de pedir os Estatutos e as Actas das reunións “para facer o mesmo que fixeron anteriores alcaldes”. Leva 18 meses fuxindo.

Ler novas
Vídeo
Pleno Celanova xaneiro 2021. Debate Orzamentos

Pleno Celanova xaneiro 2021. Debate Orzamentos

Intervencións de Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG Celanova, sobre as contas municipais e resposta dos portavoces Pulido (CD) e Teresa Barge (PSOE) dos grupos que conforman o goberno. Os orzamentos saíron adiante cos 6 votos do goberno e malia as abstencións do BNG e do PP.
Ler novas
Portadas
Celanova. Pleno Municipal (2) NOV 2020

O pleno de Celanova asume todas as propostas do BNG para a reactivación do comercio

O BNG impulsa a creación dun banco de locais para alugueiro, consolidar espazos de co-working e editar unha guía de circuítos curtos de consumo, así como prover formación aos comerciantes e elaborar un estudo sobre o sector.

O grupo de goberno volve ter sobre a mesa un acordo maioritario para revitalizar as feiras dos xoves, rebaixar o IBI, suspender taxas e crear unha oficina de orientación para empresas e autónomos que se negou a aplicar en xuño.

Ler novas