MUNICIPAIS 28M
CELANOVA: 27 compromisos chave que cumprir antes do fin do mandato en 2027
O BNG de Celanova comprométese a completar este mandato no ano 2027 tendo acadado os seguintes obxectivos:
1. A reparación da escaleira que diariamente utilizan ducias de nenos e nenas para acceder desde a parada do bus ao patio no Colexio Curros Enríquez.
2. A creacións de camiños escolares seguros.
3. O desenvolvemento do Programa de mestres de apoio.
4. Cos consellos municipais de Educación, Mocidade e Saúde plenamente operativos.
5. Coa Biblioteca do Instituto aberta a todo o alumnado e á veciñanza.
6. Unha Casa da Mocidade activa e dinamizadora.
7. Coa festa do Folión Castrexo definitivamente consolidada e en mans de mozas e mozos.
8. O Escano Cidadán e as Asembleas Parroquiais.
9. Os convenios coas empresas locais para mellorarmos ocupación laboral.
10. Un novo calendario de feiras e eventos no plano local e comarcal.
11. A Oficina de atención ao Retorno e á Inmigración.
12. Ampliación das beirarrúas e adecuación da mobilidade peonil na rúa do Cercado e na rúa Castor Elices, así como na Urbanización Guadix.
13. Un Plan da Auga con medidas de aforro e racionalización dos recursos hídricos e recuperación de terras agrarias.
14. A ampliación do catálogo de servizos do Centro de Saúde de Celanova, incorporando máis persoal especializado a atención en pediatría e a atención en psiquiatría.
15. A Piscina Climatizada Municipal funcionando.
16. Un plan de emerxencia contra incendios forestais, e a Carta da Paisaxe consensuada.
17. Un Plan Xeral de Ordenación Municipal, e un Plan de Mobilidade Urbana.
18. Unha área de rehabilitación integrada no casco histórico sur en desenvolvemento.
19. Unha nova regulación das terrazas e de contaminación acústica.
20. Unha Concellaría de Cultura e Patrimonio que promova a celebración do Día de Curros e o Museo-Arquivo Municipal de Historia de Celanova.
21. Un Centro de Interpretación da Memoria Histórica de Celanova e a súa comarca.
22. Unha Praza de Abastos revitalizada e completa.
23. Rematada a investigación arqueolóxica pública sobre o patrimonio agochado na contorna do Monte da Neve.
24. Unha Fundación Curros Enríquez reorientada no seu rol dinamizador a partir dunha xestión renovada.
25. Con programas de voluntariado e cooperación.
26. Co saneamento integral do concello.
27. E cunha imaxe de marca Celanova asociada á calidade dos nosos produtos e servizos, apoiada nos sectores estratéxicos do comercio e a hostalería.