BNG DE CARTELLE

De Torres de Sande, Pontes Freixos, Castros e Canastros

Torre Sande
Torre de Sande.
De Torres de Sande, Pontes Freixos, Castros e Canastros

De todos é sabido que unha das reivindicacións do nacionalismo galego é a recuperación e posta en valor do noso patrimonio cultural e arquitectónico.

 

Tal patrimonio dá conta da nosa historia pasada como pobo, dos asentamentos nos que morabamos ou da organización territorial da que dependiamos.

 

Dende o ano 2008 o Bloque Nacionalista Galego de Cartelle leva reclamando a rehabilitación da Torre de Sande. Primeiro durante o goberno bipartito na Xunta cando se lle formulou ao daquela Delegado de Cultura a recuperación da torre e  que se plasmou na redacción dun proxecto de rehabilitación, proxecto que non foi posible levar a cabo polo cambio de goberno. E logo, dende a oposición, tanto no Concello como no Parlamento galego.

 

Tamén aproveitamos para informar que o ano pasado o BNG de Cartelle, a través dos deputados no parlamento galego, presentou dúas emendas aos orzamentos da Xunta do ano 2023 para iniciar os traballos de recuperación do Castro do Santo en Vilar de Vacas e do Castro da Cidade de Pereda.

Capela no concello de Cartelle
Capela no Castro do Santo en Vilar de Vacas.

Os deputados do BNG no parlamento galego pediron que os orzamentos da Xunta do ano 2023 contemplasen o inicio dos traballos de recuperación do Castro do Santo en Vilar de Vacas e do Castro da Cidade de Pereda.

O investimento na rehabilitación do patrimonio, en contra do que algúns pensan, non é  un gasto de cartos inútil ou unha perda de tempo. A recuperación do patrimonio acaba revertendo na economía local vía restauración, hospedaxe ou comercio. 

 

Alguén pode negar a relación entre a oferta hoteleira e restauración e o patrimonio existente na comarca?: Castromao, Mosteiro de San Salvador, Campamento Romano Aquis Querquennis, Santa Comba de Bande, termalismo e Parque do Xurés.  

 

Por tanto non entendemos desde o BNG de Cartelle o pouco interese que mostra o grupo do Partido Popular de Cartelle pola recuperación do noso patrimonio arqueolóxico.

De Torres de Sande, Pontes Freixos, Castros e Canastros