Celanova
Portadas
celanova Google1

O BNG propón un banco de locais, formación e circuítos curtos para o comercio local de Celanova

As nacionalistas volverán exixir no pleno as medidas acordadas en xuño de axudas directas, aforros fiscais e orientación para autónomos e comerciantes.

Despois de discutilas cos propios comerciantes, o BNG apoiará as iniciativas de Celanova CHEA para crear un 'market place', un programa de bonos para incentivar o consumo e crear un servizo de reparto.

O BNG critica que o alcalde “tarde cinco meses en botar unha firma” para arrancar os trámites da redacción das bases que regularán unhas axudas das que non di en que consisten, que orzamento comprometen e cando serán efectivas.

Ler novas
Portadas
Cercado 3

O BNG pide beirarrúas na baixada do Cercado

As nacionalistas advirten que o tramo inicial da rúa é perigoso para peóns e vehículos e que o tráfico se incrementou co traslado ao auditorio de actividades da Escola de Música.

O BNG volve reclamar que se elabore un plan de mobilidade, consensuado con asociacións e veciñanza, e que se deixen de improvisar solucións como os dous aparcadoiros que se crean coa etiqueta de “provisionais”. 

Ler novas
Vídeo
Leopoldo Rodriguez defende moción auxilio á Residencia.

Leopoldo Rodriguez defende moción auxilio á Residencia.

Seis meses despois, tras unhas semanas de intenso traballo político do BNG de Celanova para informar ás familias, ás traballadoras e á dirección do centro dunha iniciativa para que o Concello botase man da residencia, no pleno de onte corroborouse o acordo unánime dos grupos impulsado polas nacionalistas. “Diante do medo e da incerteza que poden sufrir os anciáns, as familias, as traballadoras e os directivos, unidade e compromiso político, como resposta a un amplo respaldo social”, dixo Leopoldo Rodríguez. A moción achega dous compromisos por parte da corporación municipal: unha axuda económica para que a Residencia San Carlos poida superar o impacto nas súas contas da crise da covid e empezar a adaptarse á nova normalidade, e a incorporación dos grupos políticos, das familias e das propias traballadoras ao Padroado que dirixe a residencia a través dunha fórmula que haberá de concretarse en canto os patróns accedan á modificación dos estatutos.
Ler novas