Ramirás
Portadas
Instalacións da Mancomunidade Terra de Celanova. verán 2020 (2)

O BNG impulsa en Ramirás a investigación das irregularidades nos obradoiros Río Arnoia e Ecoterras

O pleno de Ramirás insta á Alcaldía a informar sobre o incumprimento da normativa nas probas de selección do obradoiro Río Arnoia, que organiza o concello xunto aos de Cartelle e A Merca.

Tamén pide á Alcaldía que esixa a convocatoria dun pleno extraordinario na Mancomunidade para tratar o incumprimento da mesma normativa no proceso de selección do obradoiro Ecoterras, que organiza o ente mancomunado.

Ler novas
Portadas
A candidata a alumna de Cartelle (de costas) que presentou a queixa, con Noelia Curras, Teresa Garrido, Ernesta Seoane, diante da Casa do Concello da Merca

Cartelle, A Merca e Ramirás incumpren as bases dun obradoiro de emprego

As nacionalistas advirten que non se realizou entrevista ningunha ás aspirantes a alumnas, mais a nota dese exercicio foi decisiva para adxudicar varias prazas nos tres concellos.

Levarán mocións aos distintos plenos municipais e reclamarán unha revisión do proceso así como unha eventual anulación se se confirman as irregularidades.

Tamén protestan porque as aspirantes non recibiron rexistro da documentación que presentaron e porque o prazo para as reclamacións incluíu un sábado e un domingo.

Ler novas
Portadas
O concelleiro do BNG, nas oficinas do Concello de Ramirás. BNG Ramirás. Pleno extra NOV. 2020

O BNG de Ramirás auséntase do pleno en protesta polo desasisado goberno de Isabel Gil

O concelleiro nacionalista, Marcos Meléndez, advirte que a alcaldesa abandonou un mes a xestión municipal e non designou substituta.
Ler novas
Portadas
Descarga de auga dun camión cisterna da empresa Vázquez y Arias nun depósito de Ramirás o pasado agosto

O BNG denuncia que o PP de Ramirás tamén intenta tapar o problema da auga

As nacionalistas critican que o portavoz popular, Juan Carlos Rodríguez Matías, se comprometese en setembro a propiciar un pleno extraordinario e monográfico e, un mes despois, coopere coa alcaldesa no encubrimento da contaminación na auga para consumo humano.
Ler novas
Portadas
Isabel Gil na EDAP de Pereira o martes 8 de agosto ás nove da noite (1)

A alcaldesa de Ramirás ocúpase desde hai vinte días do servizo de augas

O traballador ao cargo dimitiu o 22 de agosto farto das inxerencias de Isabel Gil nas faenas de mantemento.

A alcaldesa ordenou a persoal de confianza e persoal eventual contratado para outras tarefas vixiar os tanques de auga. “Está obcecada en que existen sabotaxes na rede sen ter ningunha evidencia”, di o BNG.

O Concello recoñece un gasto de 1.200 euros diarios en transporte de auga, mais as últimas analíticas públicas continúan alertando sobre niveis de arsénico por riba dos límites permitidos para consumo humano. 
 

Ler novas
Portadas
inspección secretario coa alcaldesa e portavoz BNG obras na parroquia Vilameá (1)

Inician en Ramirás unha obra sen adxudicar; o BNG revisará o expediente e consegue que o Secretario levante acta

O xoves abrían as plicas para coñecer a empresa gañadora das obras nunha estrada da parroquia de Vilameá. Antes da apertura, o BNG avanzou o nome da empresa porque tivera aviso de que os traballos comezaran a semana anterior. O venres, o Secretario municipal acudíu inspeccionar o tramo acompañado da alcaldesa e o do portavoz nacionalista. Tamén estivo un responsábel da adxudicataria.
 
Ler novas
Portadas
Marcos Meléndez. Portavoz municipal do BNG en Ramirás (2)

A alcaldesa de Ramirás ocultou a contaminación por arsénico na auga para consumo da poboación

Isabel Gil agochou á Corporación municipal e a veciñanza os resultados de dúas analíticas que detectaron en xuño concentracións de arsénico por riba do nivel recomendado en augas procedentes do depósito da Pereira que dá servizo a unhas 300 veciñas e veciños.

 

A alcaldesa, médico no PAC de Celanova, tamén eludiu o Rexistro municipal, e o informe chegou ao Concello nun sobre pechado “a entregar en man”.

Ler novas