Non é país para vellos

non e pais para vellos
Non é país para vellos

Este pasado novembro celebráronse as vodas de prata da residencia da Fundación San Rosendo Nosa Señora do Mundil de Outomuro e aproveitamos para darlle tamén os nosos parabéns.

 

Pero 25 anos xa son moitos anos e son moitas as persoas que se foron facendo vellas. Se daquelas a poboación galega e, por extensión, a de Cartelle, era unha poboación envellecida, hoxe esa cifra multiplicouse por dous : "A poboación maior de 64 anos supera en máis de 160% a menor de 20 anos na Galiza” (datos do Nós Diario).

 

A recente crise da Covid puxo na diana o modelo de xestión e de atención aos nosos maiores en certas residencias. Un modelo de xestión que empeza a ser un importante nicho de negocio para importantes grupos económicos e no que se detectaron graves deficiencias na atención aos maiores.

O Concello de Cartelle carece de  iniciativas públicas, ben sexan centros de día, casas do maior ou residencias, obrigando a moita xente a ir a residencias publicas noutros concellos, moitas veces moi lonxe do seu domicilio

Un modelo que na nosa Comunidade  é desenvolvido maioritariamente pola iniciativa privada, non sempre accesible a todos os petos, e cunha atención que se presta maioritariamente baixo o réxime de pensión completa sen posibilidade de outra modalidade.

 

O Partido Popular de Cartelle leva 25 anos conformándose cun modelo de atención que non cobre todas as necesidades e que, iso si, lle dá moitos réditos electorais.

 

O Concello de Cartelle carece de  iniciativas públicas, ben sexan centros de día, casas do maior ou residencias, obrigando a moita xente a ir a residencias publicas noutros concellos, moitas veces moi lonxe do seu domicilio.

 

O día 6 de febreiro o concelleiro do BNG de Cartelle presentou unha moción instando ao pleno a que xestione un centro de día para o noso concello,  iniciativa que seguiremos demandando, para o que necesitamos voso apoio nas próximas eleccións municipais de maio deste ano.

 

Grupo Local do BNG de Cartelle

Non é país para vellos