MUNICIPAIS 28M
A propósito do Plan Básico de Urbanismo de Cartelle
Dicía nunha entrevista do ano 2016 a outrora alcaldesa de Cartelle, hoxe senadora, Carmen Leyte Coello que, ata o de agora non consideraron necesario un Plan de Urbanismo para Cartelle ou que “ter un planeamento non significa que te van deixar facer o que queiras e onde queiras, advierte la regidora, que cree que el aprovechamiento urbanístico con un PXOM sería «igual ou aínda menos» que sin él.”
Pero a realidade é moi teimuda e, se algo se demostrou ao longo destes anos, é que contar cun instrumento de ordenamento é imprescindible para definir as zonas onde se pode construír e como se debe facer. Actualmente o solo de Cartelle é todo RÚSTICO, excepto 4 ou 5 lugares que teñen delimitación de núcleo. Isto implica que non se pode facer unha edificación nova ata que se defina o tipo de solo do predio.
Unha das consecuencias viuse por exemplo na Bouza onde a APLU (Axencia da Protección da Legalidade Urbanística) mandou derruír unha vivenda dos anos 60. Ou estámolo vendo estes días na parroquia de Sande froito dunhas denuncias. Denuncias coas que os Bloque Nacionalista de Cartelle non está de acordo porque consideramos que o camiño non é ese.
Actualmente o solo de Cartelle é todo RÚSTICO, excepto 4 ou 5 lugares que teñen delimitación de núcleo. Isto implica que non se pode facer unha edificación nova ata que se defina o tipo de solo do predio.
Ao noso entender débese levar a cabo un labor de concienciación para que a xente entenda que temos que empezar a facer as cousas doutra maneira, empezando xa pola recuperación das moitas das casas que están abandonadas nos nosos lugares e que xa dispoñen de servizos (auga, redes de sumidoiros, luz, teléfono) que lle custaron moito ás arcas públicas. E, en segundo lugar evitar a diseminación de construcións autorizando novas construcións arredor dos asentamentos tradicionais tal como regula a normativa e o sentido común.
Para cando a resolución das alegacións ao Plan Básico? Supoñemos que se resolverán despois das eleccións non vaia ser que fagan dano no proceso electoral.
Outra das consecuencias da falta de Plan vímolo nas últimas concentracións parcelarias, onde a xente enterouse 40 anos máis tarde que a súa casa estaba sobre un terreo veciñal e que estivo a punto de dar ao traste cos propios procesos de concentración obrigando ás xuntas locais de concentración a facer traballos extras para regularizar a propiedade desas fincas. Puido ser ésta unha das causas polas que o PP se botou atrás nos sucesivos proxectos de planeamento que empezou? Un misterio...
Temos que empezar a facer as cousas doutra maneira, empezando xa pola recuperación das moitas das casas que están abandonadas nos nosos lugares e que xa dispoñen de servizo.
En segundo lugar, en contra do que di Carmen Leyte, non é o mesmo aplicar normas subsidiarias que ter un Plan Básico ou moito mellor un PXOM. Porque cada instrumento permite ou limita un nivel de actuacións tanto para reformar as vivendas existentes, engadir edificabilidade ou dispoñer de solo para novas edificacións que os outros non permiten.
Por non dicir que o solo dotacional de Cartelle non pode quedar limitado á piscina, ao pavillón e á residencia. E logo como pensaban facer o famoso parque industrial chegando a Sabuz polo que seguimos esperando?
Si é necesario contar cun Plan Xeral de Urbanismo e Plan Básico de Urbanismo que lle fixo a Xunta ao Concello chega tarde para moitas cousas e nace manco porque deixa edificacións fóra de ordenamento.