Información #covid19 na Residencia [actualización 30.08.2020]

2XUL5
Rolda de prensa posterior ao encontro do BNG con familiares das residencias de Ourense o 2 de xullo.
Información #covid19 na Residencia [actualización 30.08.2020]

As cifras do brote na Residencia San Carlos [actualización do 24.08.2020]

RESIDENTES

47 positivos confirmados desde o 18 de marzo

9 deles, falecidos [outras dúas persoas faleceron tamén entre marzo e maio por causas, en principio, non asociadas a enfermidade]. Total: 11 mortes.

Taxa de contaxio entre as residentes: 81% (tras confirmarse que a muller falecida o 28 de marzo tamén estaba infectada polo coronavirus).

Vítimas mortais

  • A primeira falecida foi unha muller que ingresou no CHUO o 18/03 e faleceu ao día seguinte. Foi a primeira vítima do covid19 na Área Sanitaria de Ourense. E a primeira tamén das rexistradas entre residentes en centros de maiores.
  • A novena vítima confirmada, pero a segunda na orde cronolóxica, foi unha muller que morreu no CHUO, onde foi trasladada días antes desde Celanova, o 28 de marzo.
  • A segunda morte, un residente que fora derivado ao CHUO, produciuse o día 30, 
  • O terceiro falecido, tamén positivo por coronavirus, morreu na residencia de Baños de Molgas o mércores, día 1. 
  • A cuarta vítima, unha muller de 100 anos, faleceu na madrugada do domingo. 
  • A quinta vítima, un home, morreu en Baños de Molgas o día 7 de abril. 
  • A sexta vítima, unha muller, faleceu o día 9. 
  • A sétima vítima foi un home que permanecía ingresado no CHUO desde os primeiros días do brote. Faleceu o sábado 18 de abril.
  • A oitava vítima foi unha muller de 98 anos, este venres 24 de abril, que permanecía no centro integrado de Baños de Molgas.

Situación actual

A traballadora de cociña que permanecía en positivo por coronavirus deu negativo na última proba e foi declarada como negativo o pasado 19 de xuño.

A ocupación do centro pasou dos 47 residentes a data de 18/05 a 60, despois de que se cubrisen as baixas rexistradas polos 11 falecementos entre marzo e abril e unha baixa máis por abandono do centro, e dúas prazas que estaban vacantes. Das novas altas (14), dúas (non doce, como por erro figuraba na anterior actualización) veñen a través do concerto coa Xunta de Galiza.

A segunda semana de xullo, residentes e traballadoras foron sometidas a novas probas PCR sen que se rexistrarse ningún positivo.

TRABALLADORAS

18 positivos confirmados entre as traballadoras despois dos test realizados entre o 20 e o 21 de marzo. A taxa de contaxio entre o persoal: 58%

Situación actual. Non se rexistran casos positivos.

Con data de 18/05, as traballadoras son 24 (incluídas as 6 contratadas) e ademais da traballadora de cociña. Hai 2 enfermeiros (a titular, e o contratado a media xornada). E tres empregadas máis, entre elas, a directora. Durante a semana do 11 ao 17 de maio, reincorporáronse a directora e a fisioterapeuta, que estaban de baixa pola covid19.

   

 

 

Cronoloxía do brote

 

18.03.2020 Trasladan 1 positivo ao CHUO, falece horas despois. A prensa informa o día 20. É a primeira vítima do covid19 na provincia de Ourense.

19.03.2020 Trasladan ao CHUO 2 pacientes máis, entre a tarde-noite do 19 e a madrugada do 20. Unha delas dá positivo.

O Ministerio de Sanidade emite unha orde ministerial que habilita ás CC.AA. a intervir nas residencias públicas e privadas do seu ámbito competencial.

20.03.2020 Realízanse test na residencia ao persoal e a unh grupo de residentes. A enfermeira, contratada oito días antes para suplir á titular, renuncia ao traballo. A Consellería de Sanidade empeza a se informar da situación nas residencias privadas a través das áreas sanitarias nas que derivou a labor de tutela encomendada polo Goberno central.  

21.03.2020 Confírmanse os primeiros positivos. Empezan a producirse baixas entre traballadoras, ben como consecuencia de pertencer a grupos de risco ou ben por convivir con familiares neses grupos.

22.03.2020 O centro informa nas redes de 13 positivos entre traballadoras e 11 entre as residentes. O concello informa pola noite nun bando municipal de que a UME chegará ao día seguinte e "se fará cargo provisionalmente da situación" na Residencia San Carlos. Non hai constancia de que a Área Sanitaria de Ourense actuase para tutelar a Residencia San Carlos, malia que, cando menos a través das intervencións ordinarias para casos individuais de covid19, tiña coñecemento da situación. 

zFotos (6)23.03.2020 Trasladan ao CHUO un residente máis que dará positivo. Sanidade fai os test ao resto de residentes. A UME preséntase ao mediodía e realiza tarefas de desinfección no centro. As traballadoras da quenda de día aproveitan a presenza de medios e asoman á porta: piden mans e material. Os residentes (contaxiados e non) seguen a cargo delas. Empézase a incorporar persoal contratado pola dirección e voluntarias da vila convocadas polas familias dos residentes.  

24.03.2020 Os 11 residentes que deron positivos no test son trasladados ao centro habilitado en Baños de Molgas para albergar contaxiados procedentes de residencias, serán os primeiros ocupantes dun centro desas características no país.

O traslado prodúcese mentres o presidente Feixoo di en rolda de prensa que o Goberno central xerou "confusión" e que a Xunta esperaba que a UME asumise maiores responsabilidades na Residencia San Carlos.

O Goberno emite unha nova orde que subliña as instrucións da orde ministerial do 19. Especifica que as intervencións en residencias inclúe a facultade, entre outras, de ordear altas, baixas, reubicacións e traslados de residentes; de establecer novos centros residenciais; de designar a un empregado público para dirixir e xestionar a actividade que poida dispoñer dos "recursos materiales y humanos disponibles en el centro residencial intervenido, así como de los recursos vinculados con la actividad sanitaria asistencial que se presta de forma habitual a los residentes en el mismo" (aptdo. c, do punto Terceiro, da Orde SND/275/2020, de 23 de marzo).

25.03.2020 As traballadoras reciben aviso dunha empresa de ambulancias de que se realizará o traslado dos resto dos residentes á primeira hora do xoves. As familias e as traballadoras procuran información na Área Sanitaria e na Consellería de Política Social sobre o traslado, sen obter unha resposta oficial que explique e confirme a decisión. Mentres, as familias dos derivados a Baños de Molgas seguen sen información do estado dos seus nin maneira de poñerse en contacto con aquel centro. 

26.03.2020 A empresa de ambulancias informa ás 8 da mañá de que o traslado se adía. Parte das residentes estaban preparadas e esperando. Un médico e unha enfermeria do centro de saúde de Celanova visitan a residencia, por iniciativa propia, para ver os seus pacientes e vén tamén outros. 

27.03.2020 Ao mediodía, fanse públicos os resultados dos test a través dun bando municipal. As responsábeis do centro son as encragadas de informar as familias: hai 31 novos positivos, 8 deles non serán trasladados a Baños de Molgas porque aquel centro carece de medios para atender grandes dependentes. As 18 residentes que seguirán en Celanova serán distribuídas en dúas prantas. As traballadoras alertan de que levan 7 días sen enfermeira e piden tamén máis EPI para atender aos residentes contaxiados de covid. Os 23 residentes que deron positivo no test son trasladados a Baños de Molgas.

28.03.2020 Dous casos de residentes pendentes do resultado dan negativo. Ficarán na Residencia San Carlos. As traballadoras informan dunha nova baixa entre o persoal habitual a causa de lesións nos brazos por causa do traballo intenso destes últimos días. Do equipo inicial de 29 traballadoras fixas máis 2 externas en cociña, só 4 poden seguir traballando.

29.03.2020 O BNG de Celanova propón ao goberno municipal que reúna aos grupos na Comisión de Sanidade e lanza dúas propostas para que nese foro se definan liñas de actuación para os próximos días.

30.03.2020 Confírmase o falecemento dun residente que permanecía hospitalizado no CHUO e dera positivo no test de covid19. 

As familias dos trasladados a Baños de Molgas o venres denuncian que non reciben información do estado de saúde dos seus familiares desde o mesmo día do traslado. O goberno municipal de Celanova non responde á petición do BNG o día anterior de reunir á Comisión de Sanidade municipal.

O responsábel do centro intermedio de Baños de Molgas, Miguel Ángel Vázquez, que é presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía, declara a La Región: "Aun está sin articular el sistema protocolario de las comunicación con las familias, pero que estén tranquilos porque si hay un cambio de estado, se les va a avisar. Entendemos su preocupación pero, si no llamamos, es porque están bien." E engade: "Estamos haciendo lo correcto. Esta es una de las experiencias mas bonitas que he vivido en mi carrera."

01.04.2020 Confírmase o falecemento dun terceiro residente. É o primeiro residente falecido entre os trasladados a semana pasada a Baños de Molgaas.. 

A Residencia de Celanova segue reclamando reforzos no persoal. Levan 12 días sen enfermeira e entre as novas contratadas, só unha ten titulación como auxiliar. Tamén precisan xerocultoras tituladas.

03.04.2020 Onda Cero e Telemiño dan noticia das demandas das familias que seguen a reclamar información da situación en Baños de Molgas e reforzos para o persoal.

 

 

05.04.2020 Falece unha muller de 100 anos na Residencia de Celanova, era unha das residentes que deu positivo no test. É a cuarta vítima mortal desde que se detectou o brote na Residencia San Carlos o 18 de marzo.

07.04.2020 As traballadoras, a cargo da xestión do centro, anuncian a contratación de 3 auxiliares. Campaña en redes de traballadoras e familias para lembrar que faltan auxiliares e unha enfermeira.

08.04.2020 Coñécese o falecemento dun home en Baños de Molgas. É a quinta vítima mortal dun caso positivo de covid19 desde que se detectou o brote na Residencia San Carlos o 18 de marzo.

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, anuncia que a institución investigará "de oficio" ás residencias de maiores.  

09.04.2020 Falece unha muller no centro intermedio de Baños de Molgas. É a sexta vítima do brote de covid19 entre as residentes da San Carlos.

12.04.2020 Desde o centro de Baños de Molgas regresan 18 residentes que deron negativo no segundo test. A residencia San Carlos para de 18 a 36 residentes, divididos entre contaxiados (7) e non contaxiados. 

As 18 traballadores que permanecían en corentena despois de dar positivo nos tests que lles realizaron os días 20 e 21 de marzo coñecen que a partir deste luns deberán ir reincorporándose ao servizo SEN PASAR O 2º TEST segundo o novo protocolo que manexa o SERGAS.

13.04.2020 Un 'despiste' do SERGAS que non eliminou a proba solicitada polo médico de cabeceira dunha das traballadoras, por non ser persoal contratado pola propia residencia, permitiu que a esta traballadora lle fixesen o segundo test. O test deu positivo, o que obrigou ao SERGAS a cancelar as altas que xa recibiran 3 traballadoras e a prolongar 1 semana a de todas elas. Despois, determinou que se lle farán os segundos tests a todas elas para coñecer o seu estado real. 

30 días de abandono16.04.2020 As familias, co apoio da Federación Galega de Usuarios e Familias de Residencias (REDE), emiten un comunicado denunciando "30 días de abandono", na liñas das campañas impulsadas desde a REDE. No comunicado denuncian que "ningunha institución pública botou man da residencia nestes 30 días, como estamos vendo que si fixeron en centros de Santiago, Vigo, Cangas do Morrazo e O Barco de Valdeorras.* A atención aos maiores caeu sobre as costas dunha plantilla de traballadoras que se viu reducida a menos da cuarta parte desde o día 22 de marzo". E volven reclamar "a atención esixíbel nunha emerxencia como esta e que podería dispensar persoal médico e de enfermería". 

O comunicado ten ampla repercusión nas redes sociais e moito eco nos medios de comunicación: con publicacións esa mesma mañá en Europa Press, Galicia Confidencial e Nós Diario, entre outros. Ao medio día, a dirección eventual da residencia decide retirar o comunicado do seu Facebook e emite unha nota cuestionando a oportunidade das demandas das familias. 

17.04.2020 A dirección eventual da residencia informa a través do seu Facebook da contratación dun profesional de enfermaría. "Hoy empieza un enfermero en la plantilla de la residencia después de varias semanas de búsqueda." En concreto, a Residencia San Carlos de Celanova estivo 29 días sen enfermeira desde que o día 20 renunciase ao seu posto a enfermeira suplente en medio do brote de covid19. Política Social deitou desde o principio a solución desta deficiencia sobre a dirección eventual do centro. 

18.04.2020 O BNG denuncia que o SERGAS devolveu á residencia de Celanova un home que estaba ingresado no CHUO con positivo. A axencia EFE adianta a información, a versión do SERGAS é que non ten constancia. Despois da publicación da noticia, o SERGAS lanza un comunicado advertindo que é falso. O BNG mantén os termos da información que trasmitiu pola mañá: o SERGAS devolveu un positivo á San Carlos.

A Residencia San Carlos informa do falecemento dun home que permanecía ingresado no CHUO desde os primeiros días do brote. É a sétima vítima do brote.

A Residencia empeza a informar ás familias do resultado dos test practicados aos covids que están no centro.

20.04.2020 O SERGAS, que o sábado desmentiu a alerta lanzada polo BNG, asume dous días despois que o traslado se produciu; mais non dá explicación algunha sobre este cambio no fluxo de pacientes de covid, un cambio que bota por terra a súa estratexia inicial de converter a San Carlos nun centro 'limpo', algo que nunca consegiu.

Residencia San Carlos. Alcalde. 20 de abrilA UME volve para facer tarefas de desinfección. O alcalde volve para saír na foto xunto á UME, e o Concello utiliza o Bando Municipal para que o grupo de goberno desculpe as súas dificultades estas semanas pola ausencia dun interventor e do secretario municipal.

A dirección da residencia informa na súa páxina de Facebook da reincorporación de 10 traballadoras e indica: "Cada día estamos más cerca de acabar con esta situación. Gracias de corazón por vuestros apoyos y ánimos."

21.04.2020 A residencia informa de que das dez traballadoras que deron negativo no segundo test, 5 teñen previsto incorporarse ou xa se incorporaron esta semana.

22.04.2020 Trasladado un caso positivo de Baños de Molgas ao CHUO.

A Xunta anuncia a substitución de Miguel Ángel Vázquez, que pasou case un mes ao mando do centro de Baños de Molgas. O SERGAS, a través da Área Sanitaria de Ourense, faise cargo da dirección do centro intermedio. Vázquez foi posto ao mando por Política Social, como experto en xeriatría, xunto a outros membros da Sociedade Galega de Xeriatría, que tamén se ocuparon da dirección do centro intermedio habilitado en Compostela.

No Parlamento, comparecencia do conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña. Durante o debate, Ana Pontón refírese en varias ocasións ao caso de Celanova. O conselleiro minte de novo sobre o erro no traslado dun covid a Celanova. Di que o erro foi desmentido. "Seguen sen intervir e sen recoñecer sequera un erro", retruca Ana Pontón: "Mal e tarde. E seguen sen intervir. Sen recoñecer sequera un erro".

23.04.2020 Falece unha residente que foi ingresada no CHUO o luns 20. A muller formou parte do grupo de positivos trasladados a Baños de Molgas o 27 de marzo. Volveu, xunto outros 17 casos, o 12 de abril despois de dar negativo no segundo test. Despois do seu ingreso no CHUO foi sometida a un terceiro test no que tamén deu positivo. É a 10ª morte entre as residentes neste período de pandemia, unhas das 3 que se produciron non atribuídas ao covid19.

A CIG informa dunha visita de responsábeis sindicais ao centro integrado de Baños de Molgas para unha avaliación de riscos laborais. O sindicato advirte de que "o persoal  ten que traballar en condicións extremas de risco e sen que se lle garantice unha mínima seguridade laboral".

https://www.cig.gal/nova/a-cig-denuncia-a-ausencia-de-direccion-e-de-epis-na-residencia-integrada-de-banos-de-molgas.html

 

24.04.2020 Falece unha residente en Baños de Molgas. É a oitava vítima mortal por covid19 entre as usuarias da San Carlos.

Unha das 4 traballadoras que resistía desde o comenzo do brote colle a baixa laboral. Desta forma, só tres das traballadoras da plantilla inicial continúan desempeñando o seu labor desde o primeiro momento da crise. 

As familias, xunto co colectivo REDE, lanzan un comunicado no que denuncian os erros do SERGAS e de Política Social na xestión da crise en Celanova e lembran que teñen "a unha atención sanitaria equitativa para os nosos familiares (en relación á que se dispensa noutros centros)" e seguen "reclamando a intervención do centro por parte da Xunta de Galicia".

DEZ erros en CelanovaEn dez puntos resumen os erros na xestión:

1. Non intervir desde o primeiro momento a Residencia San Carlos en situación de emerxencia sanitaria tal e como indicaba a orde ministerial do 19 de marzo e as ratificacións nos sucesivos decretos do 23 de marzo e do 4 de abril. 
2. Descargar, nos primeiros días da emerxencia, a responsabilidade das actuacións sanitarias precisas na UME, cando nin as instrucións do Exército nin anteriores intervencións da UME indicaban que se fora facer cargo da atención sanitaria. 
3. Deixar un grupo de pacientes afectados polo covid19 na residencia de Celanova incumprindo as recomendacións dos expertos de converter o centro nun espazo ‘limpo’.
4. Non escoitar as demandas das propias traballadoras ás portas do centro o día 23 pedindo reforzar o persoal da residencia, diminuído polas 18 baixas de traballadoras que deron positivo nos test dos días 20 e 21. 
5. Non ter deseñado un sistema de información eficiente no centro intermedio de Baños de Molgas desde o día da apertura do centro, o que supuxo atrasar a comunicación coas familias dos trasladados até unha semana aumentando o sufrimento dos familiares. 
6. Non ter situado a un funcionario ao fronte da Residencia San Carlos no momento en que se coñeceu que a directora debería permanecer de baixa e ao comprobar a incapacidade dos patróns para facerse cargo da situación, incapacidade que subliñou o presidente Feijóo o mesmo día 24 de marzo.
7. Xerar incerteza entre as traballadoras de baixa por un cambio nos protocolos que eliminou a segunda proba para determinar se tiñan superada a enfermidade antes de reincorporarse. De non ser por unha circunstancia afortunada, propiciada por un erro do propio SERGAS na aplicación dos protocolos, teríanse incorporado 8 traballadoras infectadas.
8. Volver incumprir as recomendacións dos expertos, ao ordenar o traslado dun paciente con covid19 desde o CHUO á residencia de Celanova.
9. Xerar incerteza entre as familias e as traballadoras ao negar que se produciu ese traslado, e 48 horas despois, asumir que se fixo, e sen engadir unha explicación dos criterios sanitarios e asistencias que sustentan a decisión. 
10. Seguir insistindo -seis semanas despois de declararse o brote, con 7 pacientes mortes e residentes repartidos en tres centros, cun déficit de asistencia sanitaria na residencia posto en evidencia polos mesmos expertos en xerontoloxía aos que recorreu a Xunta nesta crise- en non intervir na San Carlos e manter un centro con covids e residentes non infectados.

25.04.2020 Confírmase por parte da dirección eventual da Residencia San Carlos que un dos tres falecementos non atribuídos a enfermidade do covid si deu positivo no último test. Trátase dunha muller que morreu no CHUO o 28 de marzo días despois do seu trasaldo desde Celanova. É a novena vítima. Foi a segunda na orde cronolóxica.

O BNG informa de que a taxa de letalidade entre as usuarias e usuarios da San Carlos se sitúa no 19,1%. Nun comunicado, as nacionalistas tamén advirten que non se lle están a facer as probas a traballadoras da Residencia San Carlos que entran en baixa laboral e tampouco a traballadoras que rematan estes días a súa vinculación coa residencia "despois de permanecer durante seis semanas, nos peores momentos do brote e co persoal diminuído prestando un servizo que salvou vidas".

26.04.2020 Regresan de Baños de Molgas, tras dar negativo no 3º test, 5 dos residentes que foran trasladados ao centro intermedio a finais de marzo.

27.04.2020 A Residencia San Carlos informa que 1 dos 5 casos positivos que permanecían no centro deu negativo no terceiro test. Entre as traballadoras que seguen de baixa pola infección (8), catro volveron dar positivo nas probas realizadas a semana pasada, e as outras seguen a espera do resultado ou ben de facela proba. 

29.04.2020 O BNG denuncia que un caso negativo segue esta mañá, día e medio despois de que se coñecera o seu resultado negativo nos últimos test, na planta de covids. A familia lanzou onte a alerta.

03.05.2020 Dous residentes con diagnóstico positivo seguen no Hospital de Piñor; 4, na residencia de Celanova; e 2, no centro integrado de Baños de Molgas. Nas últimas 48 horas regresaron a Celanova un dos casos que permanecía en Baños (como negativo) e unha muller que estaba ingresada no CHUO (tamén como negativo).

05.05.2020 A plnatilla, que sufriu a baixa dun traballador durante a fin de semana por unha patoloxía distinta ao covid (aínda que estivo no grupo dos 18 positivos iniciais), recupera a enfermeira titular. O enfermeiro contratado a media xornada pasa a traballar 4 horas na quenda de tarde.

7.05.2020 A residencia anuncia que os 3 casos positivos que permanecían illados en Celanova deron negativo nos test do día anterior. Ademais, 1 das 4 traballadoras que seguían en positivo tamén será dada de alta despois do test.

9.05.2020 Familiares dos residentes quéixanse da publicación dunhas fotografías do interior da Residencia. Unha das familiares, tutora legal dunha das residentes, pide a través do correo electrónico información sobre esa visita que, polo que se ve nas imaxes, se produciu antes de que se declararan oficialmente os últimos negativos. Na comunicación, a familiar interésase por saber se quedou rexistro da visita, cando durou e a que zonas tivo acceso o fotógrafo, e solicita tamén información sobre a persoa responsábel de tomar a decisión e pregunta por que non se pediu permiso ás familias. Unha semana despois, o correo seguía sen ser contestado, o que deu lugar a unha nova denuncia pública dunha irregularidade.

13.05.2020 No Parlamento de Galiza, a deputada nacionalista Montse Prado interpela á conselleira de Política Social sobre a situación nas residencias de maiores e recolle unha das demandas impulsadas polas familias de Celanova a respecto de como se vai realizar o desconfinamento dos maiores, que padecen unha situación de illamento desde hai semanas con "grave risco para a súa saúde mental".

14.05.2020 Nunha reunión telemática coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na que participa o colectivo REDE e familias doutros centros do país, intervén unha das familiares de Celanova e relata as últimas regularidades graves que detectaron na San Carlos: traslado desde o CHUO dun paciente de covid19, convivencia na mesma planta durante 11 días dunha residente en negativo con pacientes de covid19 separados por unhas cortinas de plástico, e acceso dun fotógrafo ao centro sen permiso das familias.

15.05.2020 O BNG de Celanova denuncia que a dirección da San Carlos, reticente ás visitas de familiares, permitiu o acceso dun fotógrafo a principios de maio. E advirte a dirección volve negar información ás familias dos residentes e elude sinalar a persoa responsábel e o protocolo que se seguiu.

17.05.2020 O Goberno rexeita establecer un protocolo para que as familias empezaran a entrar a partir do 18/05 a determinados centros de maiores segundo un protocolo que a Xunta de Galicia avanzou o venres día 15. O Goberno sinala que non permitirá o acceso até unha fase posterior da desescalada. 

MAIORES 17 MAIOA Residencia publica unhas fotografías na súa páxina de Facebook duns maiores no patio do centro. Son os primeiros que saen ao exterior despois de máis de dous meses de confinamento. Nunha publicación en Facebook, as familias lembran: "Hace dos semanas que gracias al apoyo de REDE, donde compartimos experiencias y lucha con decenas de familias de Galicia, y el del Movemento Galego da Saúde Mental, conseguimos abrir el debate sobre el otro "virus" al que tendremos que enfrentarnos en esta fase de la crisis: los problemas derivados del aislamiento. Que el sol de mayo sirva pare despejar las mentes de todos. Un abrazo digital para todos los nuestros que siguen ahí dentro y un recuerdo que nunca se borrará para los que no están. Seguiremos peleando también por vuestra memoria."

21.05.2020 A Residencia San Carlos informa de que empezou a programar as primeiras visitas de familiares, que empezarán o luns 25 de maio se as autoridades dan permiso e de acordo co protocolo que debe ser oficializado. A directora da San Carlos púxose en contacto coas familias para establecer as quendas de visitas e para coñecer o seu sentir a respecto da situación do centro diante das denuncias públicas de abandono da residencia por parte da Xunta de Galiza, que ademais do BNG, veñen facendo outras formacións parlamentarias e a principal asociación de familiares do país, REDE.

Sara directora de baile con ancianos o 14 de xuño14.06.2020 A Banda de Música e o alcalde visitan á Residencia. A Banda Municipal actúa para os residentes desde unha finca anexa ao xardín. O alcalde accede ao xardín xunto a membros do padroado. Bota un discurso (difundido en Facebook) no que dá por pechado o brote e non fai referencia ningunha ás responsabilidades políticas e á falta de atención que sufriron tanto os maiores como as traballadoras. É un discurso covarde, na liña do que manterá nas semanas seguintes. É a súa primeira aparición pública para falar da residencia desde que o 20 de abril (55 días estivo calado) aparecese na porta do centro para agasallar cunhas empanadas á UME, na segunda visita dos militares ao centro para labores de desinfección. Nesta altura, o alcalde levaba xa 4 meses e medio sen convocar o pleno e tiña, desde o 6 de maio, a moción do BNG reclamando accións ao respecto da residencia.

A Residencia difunde imaxes da visita da Banda e do alcalde na que aparecen traballadoras do centro bailando con maiores sen máis protección que as máscaras. 

22.06.2020 Reciben a alta os últimos pacientes ingresados no centro intermedio de Baños de Molgas. O centro fecha menos de dous meses despois de empezar a recibir os primeiros residentes, 11 procedentes de Celanova (o 24 de marzo). Continúa aberto o centro intermedio de Piñor.

25.05.2020 A Residencia San Carlos informa que comezaron as visitas. Hoxe luns está previsto que 6 das residentes reciban a visita dun familiar. Segundo establece o protocolo, unha persoa por residente e durante un máximo de 30 minutos.

Ana Pontón avanza que a primeira iniciativa parlamentaria tras o 12X será unha comisión de investigación da xestión da COVID19 nos centros de maiores e promover un modelo público para este servizo.

11.06.2020 Concentracións nas sete cidades do país en homenaxe ás vítimas, organizada por Modepen, a asociación de traballadoras de residencias TREGA e co apoio de REDE. En Ourense, lectura dun manifesto das familias. "Moito do acontecido xa non ten arranxo. Ninguén nos vai devolver aos nosos familiares falecidos, pero a lo menos nos ten que facer reflexionar. Como sociedade NON nos podemos poñer de perfil. Sería INXUSTO que depois de case de 300 persoas falecidas en residencias de toda Galicia, 11 deles en San Carlos en Celanova, 21 en Nuestra Señora de la Esperanza, aquí en Ourense, adoitásemos unha posición de RESIGNACIÓN, como si nada tivera ocorrido, porque entón seríamos cómplices; porque nosos pais, nosos avós, os usuarios das residencias SON os máis débiles da sociedade, porque eles nunca consentirían que NOS trataran así", din as familias na praza Maior.

19.06.2020 A traballadora que permanecía como caso positivo é dada oficialmente como negativo.

22.06.2020. Comezan as visitas diarias de familiares na Residencia San Carlos. Poden acudir 2 persoas por residente, con cita previa, e unha vez por día de luns a venres.

24.06.2020. Nova concentración de protesta en Compostela en defensa de Servizos Sociais e atención aos maiores 100% públicos, apoiada por REDE e con presenza das familias das vítimas.

O pleno extraordinario de xuño

25.06.2020. Despois de finalizado o pleno da corporación municipal de Celanova, María Rodríguez, como portavoz das familias e membro de REDE, le un comunicado das familias. A coalición de goberno e o PP negaran a posibilidade de activar o escano cidadá no pleno extraordinario, e as familias presentaron o luns 22 unha instancia solicitando falar. O alcalde accedeu a mesma mañá do pleno, pero despois, rematou a sesión antes de conceder a palabra ás familias.

No seu chamamento, as familias piden: "Sepan que tenemos derecho a saber. A saber los porqués de lo que sucedió. A conocer quiénes son los responsables. No es venganza, es justicia. Lo justo es siempre estar y acompañar a las víctimas. Por humanidad
La que les ha faltado a esos incompetentes ausentes. Recuérdenlo todos los días. No lo olviden. Porque nosotras y ellas no olvidamos. Porque murieron 11 personas. Sean justos y valientes. Como lo estamos siendo las familias."

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/recuerdenlo-todos-dias-murieron-11-personas/20200626064658000786.html

Antes, o pleno acordou por unanimidade apoiar unha moción do BNG na que se reclamaba do goberno municipal: o pronunciamento da corporación municipal de Celanova a favor das familias das usuarias e usuarios da Residencia San Carlos de Celanova, recoñecendo que teñen o dereito a recibir unha atención sanitaria xusta e equitativa; o compromiso da corporación municipal de Celanova de acompañar ás familias dos residentes e ao conxunto das traballadoras do centro de maiores de Celanova na aclaración dos feitos e nas actuacións que con este obxectivo emprendan tanto familias como traballadoras; e demandar das autoridades sociosanitarias competentes o resultado da recente inspección na Residencia San Carlos e calquera outro informe técnico referido a este centro.

xuntas 28 de xuño28.06.2020. Sétimo comunicado das familias no que agradecen o apoio prestado a distintas persoas, asociación e colectivos da vila e do país. "A través de este comunicado (o sétimo) pretendemos devolver todo ese cariño que nos chega e agradecer pola nosa parte a quen nos acompañou, apoiou e animou para ser valentes na demanda de xustiza para as vítimas, as nosas, nós mesmas, as familias, e as propias traballadoras do centro."

https://bit.ly/3izDiw3

02.07.2020. En Ourense, María Rodríguez, portavoz de familias de usuarias da San Carlos, reúnese con Ana Pontón e Noa Presas, candidatas do BNG, xunto con outros membros de REDE na provincia de Ourense. Le un comunicado diante da prensa no que afirma: "Como parte da directiva de REDE, a federación galega de familiares de residentes, insisto na nosa preocupación polo deterioro psíquico e físico das residentes. Queremos que se empece XA a cambiar o modelo actual e que se aposte por uns servizos públicos de calidade. Non imos parar até que se dean solucións satisfactorias. E por iso, ademais da denuncia na rúa e nos medios, xa se lanzaron diferentes denuncias na vía xudicial. Imos traballar en todas as frontes."

03.07.2020. O BNG de Celanova informa de que a Fiscalía de Ourense está a interrogar traballadoras e traballadores, tanto o persoal fixo como as contratadas durante os meses de marzo e abril, como parte dunha investigación sobre o que aconteceu na Residencia San Carlos de Celanova durante o brote de coronavirus. Persoal da policía xudicial tomou declaración ao persoal durante esta semana. A Fiscalía Xeral do Estado decidiu agrupar todas as denuncias sobre as residencias nas Fiscalías sueriores de cada Comunidade Autónoma, e no caso galego, a Fiscalía Superior derivou o traballo de investigación ás Fiscalías territoriais (sete en total), unha delas, a de Ourense.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/fiscalia-interroga-traballadoras-da-residencia-maiores-celanova/20200703092029000791.html

11.07.2012. Comunicado de REDE na xornada de reflexión. "NON podemos esperar a que se forme un novo goberno, por iso, pedimos á Xunta de Galicia un plan de choque urxente de reforzo inmediato tanto do persoal das residencias de maiores como do persoal de Atención Primaria, xa que non hai outra posibilidade de que os maiores reciban os cuidados que precisan na situación actual."

As familiares piden de usuarias de residencias de maiores piden á Xunta un plan de choque urxente de reforzo do persoal das residencias e do persoal de Atención Primaria.

Alertan de que as direccións dos centros de maiores restrinxen e incluso obstaculizan as visitas de familiares porque non teñen persoal, e de que non se está a avaliar o estado de saúde de aqueles que pasaron la enfermidade nin dos que permaneceron illados nos centros durante a pandemia porque falta persoal en Atención Primaria.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/132601-denuncian-empeoramento-condicions-residencias-maiores-restriccion-visitas-familiares?fbclid=IwAR3ID-9BhZvSQpFnL9_7t4bjh9TGz4IZ-08F02M1JzSt9CMJzpHEWyDZC9w

27.07.2020. As familias de Celanova rexistran unha moción dirixida a todos os grupos da Corporación municipal para que se debate no pleno do mércores, día 29.

"Pedimos ao Partido Popular de Celanova, a Celanova Decide, ao PSOE de Celanova e ao BNG de Celanova que atendan as recentes reclamacións das familias no sentido de que a Residencia San Carlos facilite o acceso de familiares aos centros de maiores e á información sobre o estado de saúde dos seus, atención médica que están recibindo e protocolos que se están utilizando, así como mellorar a atención médica que reciben desde o centro de Atención Primaria da localidade. Estas deficiencias repítense nos centros de toda Galicia, segundo constatamos a través de REDE, e malia que nos últimos días a disposición da dirección da Residencia San Carlos é dunha maior colaboración, as familias seguimos a considerar insuficientes tanto a dotación de persoal de enfermería e médico no centro como a atención que, nunhas circunstancias sanitarias como as actuais, se lle está a prestar aos residentes desde o centro de Atención Primaria.", di o texto.

29.07.2020. A moción das familias nin sequera chega a ser debatida no pleno. O alcalde obvia a moción cando presenta o punto 6 da sesión (asuntos pendentes). O BNG advirte que os grupos teñen desde o luns unha moción rexistrada polas familias. Ningún dos grupos de goberno nin o PP teñen intención de presentala. Leopoldo Rodríguez, portavoz nacionalista, presenta o texto e defende a necesidade de tratala no pleno. BNG e PSOE votan a favor que se debata, mais CD e PP néganse a debatela por non considerala un asunto urxente. Familiares presentes no pleno abandonan a sala. Despois, REDE, valorará a decisión do grupo do Alcalde e do PP como unha segunda humillación ás familias e ás vítimas, despois de que no pleno anterior o Alcalde adiase a intervención dunha familiar para o final da sesión e non consentiu que falase até rematado o pleno.

Homenaxe CIVICA06.08.2020. Familiares de residentes na San Carlos co apoio de REDE convocan para o día 11 de agosto o primeiro acto de homenaxe ás persoas que faleceron durante o surto da covid no centro de maiores. Anuncian que teñen intención de repetir a homenaxe o día 11 de cada mes durante os próximos meses. Convidan ao padroado da Residencia e á dirección do centro a sumarse á convocatoria. 

11.08.2020. Medio cento de persoas reúnense ao redor do pilón na praza Maior de Celanova ás 11 da mañá do martes 11 de agosto. Familiares e membros de REDE que apoian o colectivo prenden unha velas e depositan once caraveis xunto a fonte. Os asistentes gardan once minutos de silencio, un en memoria de cada unha das vítimas. Acuden seis residentes da San Carlos que coñeceron e conviviron cos falecidos e foron, eles mesmos, vítimas da covid. Tamén acuden a título individual traballadoras do centro e unha membro do padroado en representación da Residencia San Carlos. Entre a veciñanza, están membros de tres dos grupos con representación na corporación municipal. O PP non participa do acto.

23.08.2020. O colectivo REDE anuncia datas e lugares das súas próximas accións. Entre elas, unha concentración o domingo día 30 en DomusVi Barreiro, "en conmemoración do 5º mes trala intervención pública das residencias de Barreiro (Vigo) e de Aldán (Cangas)"; e a segunda homenaxe cívica, o 11 de setembro, na praza Maior de Celanova "para honrar ás 11 vítimas da Residencia de San Carlos, a primeira na que entrou masivamente o coronavirus en Galicia".

26.08.2020. Familiares e membros de REDE reúnense co BNG, o PP e o PSOE e solicitan no Parlamento Galego a todos os grupos parlamentarios o voto favorable e unánime para a creación dunha comisión de Investigación sobre o acontencido nas residencias durante a crise da covid19. María Rodríguez, como membro da directiva de REDE, participa en nome de familiares da San Carlos de Celanova. 

 

Actuacións do BNG

 

LUNS 23.03.2020 A portavoz nacional, Ana Pontón, presenta as propostas que o Bloque Nacionalista Galego achegou á Xunta de Galiza durante a primeira semana baixo o estado de alarma e de emerxencia sanitaria. Pontón cita o caso de Celanova ao falar das medidas dirixidas a combater o virus nas residencias de maiores.

https://www.youtube.com/watch?v=eKEhgxN25TY&feature=youtu.be

Pola tarde, a deputada Noa Presas emite un comunicado no que reclama que se garanta "de forma urxente, persoal que compense a falta de profesionais e evite un colapso asistencial no centro". E pide "dotar de forma urxente de material de protección (EPI’s) suficiente" e, tamén de forma urxente, que se habilite "un recurso habitacional para poder aillar pacientes se é necesario".

https://ourense.bng.gal/articulo/novas/bng-solicita-medidas-urxentes-crise-da-residencia-celanova/20200323123526002474.html

 

Ponton martes 24MARTES 24.03.2020 A portavoz nacional, Ana Pontón, volver referirse ao caso de Celanova e insta á Xunta iniciar un plan de choque “específico” para as residencias de maiores con probas masivas e material  de protección para persoal e usuarias.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-insta-xunta-intervir-residencias-privadas-maiores-plan-contratacion-digna-sanidade/20200324144443026806.html?fbclid=IwAR05MKRdYxmbHlyTfrDjD1XvQ8IIpJWxW0JErCvYKUpUvsNkPXJP5b1l6Nw

O BNG de Celanova colabora nunha campaña das familias dos residentes de Celanova que se organizan para reclutar voluntarias e unha enfermeira. 

Pola tarde, o BNG de Celanova emite un comunicado no que o seu protavoz municipal, Leopoldo Rodríguez, reclama máis axilidade por parte das consellerías de Política Social e de Sanidade na solución da crise vivida na Residencia San Carlos, e pide que se dea ás familias de residentes e traballadoras e a veciñanza en xeral "toda a información sobre as medidas que se han tomar no sucesivo tanto nos coidados aos maiores afectados como na xestión do foco de contaxio e da seguridade do resto de residentes e traballadoras”.

https://www.facebook.com/notes/bng-celanova/o-bng-de-celanova-pide-axilidade-e-transparencia-na-soluci%C3%B3n-do-caso-da-residenc/2522902947974381/

No Congreso, o deputado nacionalista Néstor Rego critica a posición que está a tomar Núñez Feixoo ao non asumir as súas responsabilidades como presidente da Xunta e “en escudarse en quen ten que tomar decisión é o Goberno central porque a prioridade neste momento é o de salvar vidas, por tanto é unha obriga actuar para logralo, especialmente por parte de quen ten a responsabilidade de gobernar”.

 

MÉRCORES 25.03.2020 O BNG denuncia que a Xunta "non atendeu" a residencia de Celanova e nega a "confusión" que alegou Feixoo. Nunha nota de prensa, o BNG de Celanova sinala que tanto a Consellería de Sanidade como a Consellería de Política Social si se puxeron en contacto con residencias privadas doutras áreas sanitarias do país, pero que, cando menos no caso da San Carlos, non atenderon aos chamados de axuda e a evidente necesidade de reforzo de persoal e medidas de protección para as traballadoras e para as e os residentes durante eses días.

https://www.facebook.com/notes/bng-celanova/sanidade-e-pol%C3%ADtica-social-non-atenderon-celanova-cando-si-estaban-a-intervir-no/2523794547885221/

Leopoldo Rodríguez, concelleiro do BNG en CelanovaO BNG lembra nese comunicado que na rolda de prensa do día anterior, o presidente Feixoo "manifestou que no caso de Celanova non se interveu antes pola “confusión” que xeraron as ordes de Madrid. O presidente referiuse en concreto a una instrución da Vicepresidencia de Dereitos Sociais que poñía a UME a disposición das residencias que o solicitasen a través das CCAA. A xestión da Xunta consistiu en deixar en mans da UME toda a intervención, que se resumiu nas tarefas de desinfección que os militares levaron a cabo o luns. E, despois, botarlle a culpa á “confusión” da decisión de non tomar ningunha medida.

 

XOVES 26.03.2020 O BNG denuncia o desleixo das consellerías de Sanidade e de Política Social no caso de Celanova, advirte do traslado frustrado dos residentes, que aínda seguen sen coñecer os resultados dos test e pide un mando público á fronte desta crise, tal e como propón expresamente o Goberno central na orde publicada no BOE o martes. Nun comunicado ao mediodía, Leopoldo Rodríguez, explica como “a Xunta abandonou aos anciáns residentes, ás familias e ás traballadoras. É así de duro". E esixe que as autoridades "teñen que reaccionar xa e, o primeiro, comunicarse con elas. Informalas e escoitalas. E preciso que a Área Sanitaria asuma o mando de vez, tal e como esixe o protocolo desta crise”. 

https://www.facebook.com/BNG.Celanova/photos/a.1565893563675329/2524283717836304/?type=3&theater

 

90595120_2716691805047098_1027150654428151808_oVENRES 27.03.2020 O Bloque Nacionalista Galego promove unha campaña nas redes sociais de agradecemento e apoio ás traballadoras das residencias e centros sociais do país. 

O BNG de Celanova emite unha nota de prensa na que insiste en chamar a atención sobre a situación do persoal da San Carlos, onde aínda fican 18 residentes, 8 deles contaxiados de covid19. “Agora o urxente é que se reforce o persoal en Celanova. As traballadoras xa hai días que superaron os seus límites e non poden máis. Precisase xa unha enfermeira e tamén, auxiliares xerocultoras”, dixo Leopoldo Rodríguez, o portavoz nacionalista, este venres, unha vez que comezaron os traslados de 23 residentes que deron positivo no test de coronavirus para o centro intermedio de Baños de Molgas.

https://www.facebook.com/notes/bng-celanova/o-bng-pide-o-reforzo-dunha-enfermeira-auxiliares-e-traxes-para-a-residencia-de-c/2525473881050621/

 

SABADO 28.03.2020 A deputada Noa Presas, a través do Bloque Nacionalista Galego de Ourense, fai público un comunicado no que se advirte que a situación das residencias de maiores segue sen estar controlada. Presas lembra que Celanova é o principal foco da provincia e un do máis grandes dos país, segundo os datos analizados, e sinalaron que aínda non está debidamente atendida. A día de hoxe, nesta residencia, só hai catro traballadoras en activo- dun cadro de persoal de 29 persoas- o que “pon de manifesto a necesidade de persoal que ten que ser garantido pola Xunta de Galiza e así, asegurar que a atención destas persoas é suficiente”. O BNG volve pedir reforzos no cadro de persoal e material de protección para todas as traballadoras.

https://ourense.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-situacion-das-residencias-maiores-segue-estar-controlada/20200328183000002477.html

 

DOMINGO 29.03.2020 A portavoz nacional, Ana Pontón, urxe de novo a Feixoo un plan de choque para atender a situación crítica das residencias de maiores, e advirte: “Non se pode afirmar que os contaxios nas residencias seguirán avanzando e non aportar unha soa medida para evitalo”. O BNG demanda un plan de choque coa realización masiva de test entre persoas usuarias e traballadoras. Pontón cualifica a situación nos centros como "durísima", e pide que se tomen medidas para que non "empeore”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-urxe-feixoo-plan-choque-atender-situacion-critica-das-residencias-maiores/20200329184835026822.html

O BNG de Celanova emite un comunicado instando ao goberno municipal a convocar aos grupos políticos o luns 29 Na Comisión de Sanidade para considerar as medidas urxentes a levar a cabo desde o Concello de Celanova para atender a crise provocada polo brote de coronavirus. 

As nacionalistas propoñen dúas medidas urxentes: 1) establecer en colaboración con outras Administracións un servizo de atención e información directo coas familias que inclúa apoio psicolóxico aos familiares que o soliciten; e 2) solicitar da Área Sanitaria de Ourense información precisa sobre os casos de contaxio rexistrados no concello e promova a realización de test entre as familiares de residentes e traballadoras, así como o persoal sanitario do Centro de Saúde.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/unknown/comunicado-do-bng-celanova-pedindo-informacion-atencion-especializada-polo-brote-covid19/20200329135439000724.html

 

LUNS 30.03.2020

A deputada Noa Presas emite unha nota de prensa reclamando información diaria para as familias das persoas residentes en Molgas, e explica que as familias están a vivir "unha situación de grande angustia pois todas as persoas que van a ese centro están doentes e son de alto risco: por idade ou por ter patoloxías asociadas”.

"Insistimos en implantar un plan de choque nas residencias de maiores, prevendo reforzos de persoal e a dotación de máis recursos como o de Baños de Molgas”, di Presas.

https://ourense.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-situacion-das-residencias-maiores-segue-estar-controlada/20200328183000002477.html

A media tarde coñécese a nova do falecemento dun dos residentes que ingresou a semana pasada no CHUO. É a segunda vítima do covid19 entre os maiores da Residencia San Carlos de Celanova. Outra residente, unha muller foi trasladada ao hospital, máis non se precisou a causa.

 

MARTES 31.03.2020

O BNG de Celanova informa a través das súas redes sociais que no caso da Residencia San Carlos se están a incumplir as recomendacións do Comité de Bioética de Galiza, feitas públicas nun documento o 26 de marzo.

 

Ana Pontón volve facer referencia a Celanova na súa comparecencia diante dos medios. "Pese ao aviso que supuxo o caso de Celanova, o Executivo non está tomando medidas eficaces que eviten o contaxio do virus entre un colectivo vulnerable", di a líder nacionalista. Residentes, persoal, familias e o conxunto da sociedade “teñen moitas preguntas que necesitan resposta”, destaca. Pontón considera que “a situación das residencias está xerando alarma social, a Xunta ten que dar explicacións no Parlamento”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-situacion-das-residencias-xerando-alarma-social-xunta-ten-dar-explicacions-parlamento/20200331141215026829.html

 

MÉRCORES 01.04.2020

A portavoz nacional, Ana Pontón, volve alertar en rolda de prensa sobre a situación nas residencias de maiores. Pontón advirte que o BNG cuestiona a decisión de "trasladar e concentrar en centros aos maiores", "onde estalou a crise". O BNG, di Pontón, vén pedindo desde hai días que se establezan protocolos de información ás familias, porque "xa se viu que é un problema no caso de Celanova".

O Goberno fai pública unha orde que autoriza a realización de plenos municipais para tratar situacións de emerxencia.   

 

XOVES 02.04.2020

O BNG de Celanova emite unha nota de prensa lembrando que nin hai enfermeira para a San Carlos, nin comunicación coas familias dos desprazados e que non se están a facer test entre a poboación tendo en conta que a vila é un foco dun brote. Na nota de prensa, o concelleiro nacionalista Leopoldo Rodríguez denuncia: “Canto tempo leva establecer un sistema de información estábel e diario coas familias dos 33 trasladados a Baños de Molgas? Teñen tempo para realizar enquisas de ocio entre os anciáns, pero non para comunicarse coas familias e explicarlles cal é o estado de cada un e o estado que están a dispensar? Acaso nós queren facer crer que os levaron a un dos balnearios pasar uns días, e que obviemos a realidade: son enfermas e enfermos de covid19 e pertencen ao principal grupo de risco?”.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/unknown/2-semanas-enfermeira-1-semana-informacion-familias-canto-tempo-mais-test/20200402064004000727.html

VeciÑos1Pola tarde, familiares dos residentes na San Carlos lanzan unha campaña a través das redes sociais solicitando o apoio de colectivos e veciñanza. A campaña é amplamente difundida como recollerá ao día seguinte La Región [ver ligazón máis abaixo]. O BNG súmase a campaña que recibe o apoio, entre outros, da Asociación Mikaela, do Sporting de Celanova, da asociación cultural Lois Antón e dos comerciantes a través de Celanova Chea.

 

VENRES 03.04.2020

Personal del centro intermedio de Baños de Molgas empeza a informar ás familias dos trasladados desde a Residencia San Carlos.

A conselleira de Política Social comparece no Parlamento a petición do BNG. A deputada nacionalista Montse Prado pide desde a tribuna a intervención pública de todas as residencias, públicas e privadas, para garantizar recursos asistenciais e humanos na atención aos maiores. O BNG tamén reclama que se facilite información ás familias e pregunta polos protocolos de actuación e os criterios de intervención que determinaron os traslados a centros como o de Baños de Molgas. A conselleira responde nunha nota de prensa que as residencias xa están baixo tutela da Xunta desde o día 24 de marzo. No BNG Celanova seguimos esperando a coñecer en que consiste a tutela da San Carlos, na que a xestión ordinaria segue sobre as costas do cadro de persoal, con moitas baixas e unha enorme presión enriba delas.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-insta-politica-social-poner-marcha-plan-choque-residencias-maiores-publicas-privadas/20200403165625026846.html?fbclid=IwAR0BVjpzH8GZRpky1N2Y5lBHHDFtXnhesm9Fx_4wnvKM1yEwfQz3KgmRpTM

Familiares de residentes son entrevistados en medios locais de radio (Onda Cera Ourense) e televisión (Telemiño) dando conta da situación dos seus, das súas demandas e agradecendo o apoio á veciñanza na campaña do día 2.

DOMINGO 05.04.2020

Falece de madrugada unha muller de 100 anos na Residencia San Carlos que dera positivo no test do covid.

LUNS 06.04.2020

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pide que compareza Núñez Feixóo no Parlamento galego e explique a situación “real” das residencias de maiores afectadas gravemente polo covid19. Pide xilidade test masivos en todas as residencias, intervir as residencias, mentres dure a  alarma sanitaria, informar ás familias e transparencia nos datos sobre contaxios e falecementos nas residencias.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-feixoo-ten-comparecer-parlamento-dar-conta-da-situacion-real-das-residencias/20200406132344026854.html

MARTES 07.04.2020

SOSAs familias e as traballadoras lanzan unha nova campaña nas redes coa seguinte petición: "volvemos apelar á solidariedade da veciñanza para elevar a nosa voz pedindo axuda. Desde hai dezasete días, a Residencia non dispón de enfermeira e o persoal, esgotado e minguado, vese na obriga de asumir as tarefas dunha profesional imprescindíbel para atender adecuadamente os maiores. Botan en falta brazos e mans para axudalas tamén no labor ordinario. Compartide esta mensaxe polas redes, que chegue o máis lonxe e o más alto posible para que se corrixa esta situación inxusta."

O BNG súmase á campaña desde as súas redes sociais comarcais e locais xunto a veciñas e veciños, asociacións profesionais e colectivos que volven apoiar as reclamacións das familias e das traballadoras.

08.04.2020 A portavoz nacional, Ana Pontón, ofrece unha rolda de prensa no Parlamento A preguntas dos xornalistas, Pontón volve insistir na necesidade dun "plan de choque" para intervir todas as residencias privadas; acelerar as probas para detectar focos de coronavirus; garantir material de protección para o persoal; transparencia total no cómputo de contaxiados e persoas falecidas, e información ás familias ás que se lles debe permitir facerse cargo dos seus maiores se contan coas condicións para salvagardar a súa saúde. Pontón foi especialmente crítica coa situación dalgunhas residencias privadas afectadas por un contaxio masivo.

12.04.2020 “Cantas persoas máis teñen que morrer para que interveña a Xunta?”, quéixase Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG en Celanova, nun comunicado no que as nacionalistas volven reclamar que se interveña na residencia de Celanova igual que se fixo na do Barco e advirte que faltan recursos humanos e materiais. Tamén denuncian que o SERGAS respondeu devolvendo a Celanova nun traslado 'exprés' a 18 residentes que deron negativo tras dúas semanas en Baños de Molgas o que aumenta a presión sobre as traballadoras e condicionará as decisións das que estaban de baixa e que a partir do luns poderían reincorporarse sen pasar por un segundo test.

13.04.2020 O BNG de Celanova denuncia a ousadía do SERGAS por ter empurrado ás traballadoras a coller a alta sen ter pasado o 2º test. Leopoldo Rodríguez, concelleiro nacionalista, advirte da gravidade de forzar as reincorporacións de persoal en base a un protocolo que estivo a piques de meter traballadoras contaxiadas de covid19 no centro de maiores.O BNG pide que se fagan probas masivas a todo o persoal, familiares do persoal, traballadoras actuais do centro, empezando polos residentes que non foron aínda sometidos a un segundo test. As nacionalistas volven insistir na necesidade de que o goberno municipal entenda que é necesario coñecer á situación do resto da veciñanza realizando test e informando dos resultados. E pide do goberno municipal "unha acción decidida" neste sentido. 

No Parlamento, rolda de prensa da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que anuncia que as nacionalistas pedirán unha comisión parlamentar de investigación sobre as residencias unha vez recuperada á normalidade, “por respecto ás vítimas e as súas familias”.

 

18.04.2020 O BNG revela que o SERGAS retorna agora covids á residencia de Celanova. Até o momento producíranse traslados de casos de covid da residencia cara o CHUO; da residencia cara a Baños de Molgas; e o regreso de negativos do CHUO á residencia ou desde Baños de Molgas á residencia; mesmo houbo algún caso de traslado do CHUO a Baños de Molgas. “O tráfico tivo, até hoxe, sempre o mesmo sentido: sacar positivos da residencia de Celanova e levalos para o CHUO ou para Baños; e devolver negativos, en teoría inmunizados, a Celanova”, explica Leopoldo Rodríguez. “Mais isto é novo, parece froito do descontrol no que seguen a incorrer as autoridades sanitarias con Celanova, unha improvisación contraditoria co protocolo que aconsellou trasladar 33 pacientes entre o 24 e 27 de marzo cara a Molgas”.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/bng-celanova-revela-sergas-retorna-agora-covids-residencia-celanova/20200418154316000747.html

19.04.2020. O BNG insta á Xunta a trasladar aos hospitais a todas as persoas maiores das residencias con covid. “O BNG demanda da Xunta que rectifique a xestión que está facendo nas residencias nesta crise desde o punto de vista sanitario, porque é evidente que hai capacidade nos hospitais para atender a toda as persoas maiores contaxiadas de coronavirus, que en moitas residencias non é posible darlles a atención necesaria e, por tanto, é imprescindible que se axilicen as derivacións cara os hospitais coa finalidade de garantir unha atención digna para as persoas maiores do noso país”, explica Ana Pontón.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-insta-xunta-trasladar-aos-hospitais-publicos-todas-persoas-maiores-das-residencias-covid19/20200419123836026901.html?fbclid=IwAR3bbP4ML8kH7yL_icu_f7GmJ7m1sxB44cYCYl7LmqIO6sIekKfBs_zjyiE

20.04.2020 “O BNG non mentiu. O Sergas, si. E mantivo a mentira dous días, sen reaccionar o aviso que demos desde o BNG. Mais aínda segue sen dar explicacións sobre a xestión dos covids de Celanova e como vai corrixir a situación”, explica Leopoldo Rodríguez, portavoz nacionalista en Celanova. Nun comunicado o BNG de Celanova esixe do SERGAS, da Área Sanitaria de Ourense e do seu xerente, Félix Rubial, unha explicación detallada de por que se decidiu o traslado, ademais dunha explicación de por que se mantivo agochada esa información e por que o SERGAS, a Área Sanitaria e Rubial mentiron e ignoraron a alerta que o BNG lanzou o sábado.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/unknown/o-bng-non-mentiu/20200420164228000752.html

22.04.2020 A portavoz nacional, Ana Pontón, intervén no Parlamento durante a comparecencia do conselleiro de Sanidade. Refírse até en tres ocasións a Celanova. E ademais di: "Unha residencia non é un hospital. Pedimos que a Xunta traslade a un centro hospitalario a todas as persoas maiores usuarias dunha residencia que estean afectadas polo coronavirus". E engade: "A Xunta ten que intervir todas as residencias privadas. De xeito real poñéndose á fronte, tomando as decisións e aportando recursos. Test a todos os residentes e a todo o persoal. Dotar sen máis dilación de equipos de protección aos profesionais."

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-propon-reforzar-atencion-primaria-200-agora-vai-ser-clave-coronavirus-estabilidade-persoal-sanitario/20200422124640026920.html

Pola tarde, a asemblea local do BNG de Celanova celebra unha reunión monográfica para tratar sobre o caso da residencia San Carlos. O concelleiro Leopoldo Rodríguez dá conta do traballo desenvolvido nos últimos 30 días acompañando ás reivindicacións de familias de afectados e das traballadoras e denunciando a situación. 

25.04.2020 O BNG publica un comunicado no que informa das últimas cifras sobre a incidencia do covid19 no brote da residencia e denuncia que traballadoras marchan para a casa (de baixa, ou porque remataron o seu contrato) sen que se lles fagan probas para determinar se están a padecer a enfermidade e son posíbeis transmisoras do virus.

No mesmo comunicado, as nacionalistas volven reclamar a convocatoria "dalgún dos órganos representativos municipais para que se poida desenvolver con certa normalidade o labor institucional tal e como acontece xa na maioría dos concellos do país".

28.04.2020 O BNG envía ao alcalde e o resto de grupos da corporación un documento no que pide que na xuntanza de grupos prevista para ese xoves se aborden as seguintes cuestións: 1. Atender as demandas máis urxentes das familias e das traballadoras no brote de covid na Residencia San Carlos. 2. Prepararse para adaptar as medidas de confinamento que veñan do Estado e da Xunta de Galiza á realidade de Celanova. 3. Avanzar propostas desde o Concello de Celanova para afrontar desde o punto de vista da xustiza social a crise económica, laboral e social que se nós vén enriba.e 4. Acordar a convocatoria urxente do pleno municipal para empezar a traballar nestas liñas e noutras que se propoñan. A xuntanza é froito da insistencia do BNG durante un mes reclamando información e interlocución directa coa Alcaldía. 

29.04.2020 O BNG dá voz a familia da muller que denuncia que día e medio despois de recibir o resultado de negativo no test segue illada na mesma planta con outros catro pacientes que deron positivo. Segundo a familia e outras fontes, faltan habitacións nas outras plantas tras seren ocupadas nos últimos días por retornados desde o centro de Baños de Molgas, os últimos este domingo, nunha decisión que volve amosar a falta de previsión do SERGAS. 

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/unknown/caso-negativo-segue-planta-covids-celanova-falta-habitacions/20200429151031000759.html

30.04.2020  O BNG consegue o acordo para que a Alcaldía reciba ás familias dos residentes na San Carlos.

Despois da reunión dos grupos no Concello o BNG de Celanova avanza que insistirá na convocatoria urxente do pleno municipal, como órgano soberano para a toma de decisións, despois da longa reunión dos grupos esta mañá da que as nacionalistas saíron “con moitas dúbidas” tanto “polos escasos e insatisfactorios resultados” do que alcalde describiu como “xestións” durante esta crise sanitaria, como polas actuacións a futuro que “apenas son medidas sen concretar”, segundo explicou o concelleiro nacionalista Leopoldo Rodríguez.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/unknown/bng-consegue-acordo-alcaldia-reciba-familias-residentes-san-carlos/20200430200838000761.html

06.05.2020  O BNG rexistra dúas mocións para o pleno de maio (aínda sen data). Nunha delas, referida á crise na residencia, as nacionalistas advirten: "

O grupo do BNG de Celanova constatou durante estes 50 días que para entender a dimensión da crise na Residencia San Carlos e as súas posibles consecuencias para o resto da poboación do concello e da contorna hai que ir máis alá dos datos e da foto fixa que estes representan no momento de debater esta moción. O primeiro é entender que a Residencia quedou abandonada tanto pola Área Sanitaria de Ourense, organismo competente segundo a interpretación que fixo a Consellería de Sanidade da orde ministerial do día 19 de marzo, como pola Dirección Xeral de Maiores, dependente da Consellería de Política Social. A Administración autonómica decidiu non intervir, e os responsábeis locais, o Goberno municipal de Celanova, decidiu non reclamar a intervención."

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/unknown/bng-pedira-pleno-concello-esixa-inspeccion-residencia-san-carlos/20200506150100000763.html

Na moción solícitase do pleno os seguintes acordos:

  1. O pronunciamento da corporación municipal de Celanova a favor das familias das usuarias e usuarios da Residencia San Carlos de Celanova, que teñen o dereito a recibir unha atención sanitaria xusta e equitativa, de acordo cos protocolos sanitarios e tal como establece a lexislación estatal vixente, a Carta dos dereitos Fundamentais da Unión Europea (art.35) e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (art.25). 
  2. O compromiso da corporación municipal de Celanova de acompañar ás familias dos residentes e ao conxunto das traballadoras do centro de maiores de Celanova na aclaración dos feitos e nas actuacións que con este obxectivo emprendan tanto familias como traballadoras.
  3. Inste ao goberno municipal a demandar das autoridades sociosanitarias competentes unha inspección inmediata no centro que contribúa a explicar o que está a acontecer na Residencia San Carlos de Celanova, desde o inicio da pandemia a principios de marzo até o presente, en todo o referido á atención prestada aos residentes e ás condicións materiais de traballo das empregadas.

08.05.2020  O SERGAS deu 240 altas de usuarias e usuarios que estaban afectados polo coronavirus nas residencias despois da realización de test masivos nos centros.

 

'CONFINAMENTO' dos órganos de goberno municipal

O Goberno municipal informa nun bando de que "a partir da próxima semana, coincidindo co inicio da denominada Fase 1 da desescalada, o Concello de Celanova comezará a dar os primeiros pasos para tratar de recuperar a normalidade institucional", e engade: "Segundo acordo do alcalde, Antonio Puga, ó longo desa semana recuperarase a reactivación dos órganos colexiados do Concello, é dicir, a celebración semanal da Xunta de Goberno, as comisións informativas cando sexan necesarias, así como as sesións plenarias segundo o calendario xa establecido no caso das sesións ordinarias e cando toque convocalas no caso das sesións extraordinarias".

O BNG lembra que as fases da desescalada nada regulan a respecto da actividade institucional; que en ningún momento o Estado de Alarma decretou o 'confinamento' das institucións democráticas, e que desde o 29 de marzo o Goberno regularizou expresamente a convocatoria de plenos en todo o Estado. As nacionalistas subliñan que o confinamento NON impedía a actividade institucional. O BNG pediu desde o 2 de abril a convocatoria de órganos de goberno, e o alcalde só accedeu a reunir a xunta de portavoces (advertindo que era una xuntanza informal) o 30 de abril.

13.05.2020  "As familias denuncian opacidade e oscurantismo, que a día de hoxe se mantén", di a deputada nacionalista Montse Prado no Parlamento. O BNG pide un plan de inspección en todas as residencias e que se publiquen os datos de falecidos e contaxiados en cada residencia. 
https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-pide-mudar-sistema-residencias-privatizado-polo-pp-modelo-publico/20200513171455027021.html

14.05.2020  Reunión telemática da portavoz nacional, Ana Pontón, e da deputada Montse Prado coas familias de afectados pola covid19 nas residencias. Participan familiares de Celanova. Despois da xuntanza, Ana Pontón pide que se active un protocolo que permita ás familias poder visitar aos seus. Familiares de residentes nos centros afectados seguen a denunciar irregularidades na xestión da crise por parte do SERGAS e de Política Social, e o BNG exixe investigar o sucedido nas residencias e un cambio no modelo de atención aos maiores.​ 

“A Xunta estivo máis pendente da patronal que da situación nas residencias de maiores”, afirma Pontón. https://bit.ly/3fOyJwu

15.05.2020  O BNG de Celanova denuncia que a dirección da Residencia San Carlos de Celanova volve negar información ás familias dos residentes e elude sinalar a persoa responsábel de facilitar o acceso dun fotógrafo ao centro durante a segunda semana de maio, cando aínda permanecían pacientes illados pola covid, e para o que non se pediu o permiso das familias.

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/direccion-da-san-carlos-negaba-entrada/20200515155440000771.html

18.05.2020  Ana Pontón critica a “improvisación” de Feixóo na xestión das residencias de maiores. Pontón di que Feixóo fai electoralismo coas familias das persoas residentes. O día  16 de maio, o BOE  publica a normativa de 'ámbito estatal' para o acceso de familias a centros residenciais de persoas maiores , centros residenciais  de persoas con discapacidade e  vivendas tuteladas, a partir da Fase 2, a partir del 25 de maio. A normativa sinala que no caso das residencias de  maiores, "las visitas se realizarán preferentemente en supuestos  excepcionales, tales como el final de la vida o el alivio de descompensación neurocognitiva del residente y que, en todo caso, non se permitirá o  acceso a residencias "en los que haya casos confirmados de COVID-19, o en los que algún residente se encuentre en período de cuarentena por haber tenido contacto estrecho con alguna persona con síntomas o diagnosticada de COVID-19".

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-critica-improvisacion-feixoo-xestion-das-residencias-maiores/20200518145517027042.html

A ponton MAIO2525.05.2020  Rolda de prensa de Ana Pontón. A portavoz nacional lembra que as residencias foron o burato negro da xestión da pandemia, como demostra que case a metade das mortes por coronavirus afectaron a un colectivo de 20.000 persoas usuarias. "Unha realidade que debe ser investigada polo que, -avanzou-, a primeira iniciativa parlamentaria do Bloque tras o 12X será impulsar unha comisión de investigación", para detectar fallos e corrixilos e para traballar nun modelo público do coidado de maiores que garanta unha vellez digna. “Feixóo ten que asumir que cometeron graves erros á hora de conter a COVID-19 nas residencias de maiores e asumir responsabilidades, erros que tiveron consecuencias dramáticas en falecementos e contaxios, porque non houbo prevención, anticipación, nin se contou co necesario material de protección”, argumentou a portavoz nacional.

08.06.2020. O BNG pide que se fagan públicos todos os informes da crise do coronavirus sobre as residencias de maiores. Despois de coñecerse a filtración dun informe técnico da Xunta de Galiza onde se recollían as deficiencias na residencia intervida no Barco de Valdeorras, o BNG ven de solicitar que se fagan públicos todos os informes de todas as residencias intervidas polo executivo galego. A estes informes queren sumar os das residencias que non chegaron a ser oficialmente intervidas “como aconteceu en Celanova” para mostrar a máxima transparencia de toda a información que circulou nas Consellerías de Sanidade e Política Social.

https://ourense.bng.gal/articulo/novas/bng-pide-fagan-publicos-todos-informes-da-crise-do-coronavirus-residencias-maiores/20200608155732002547.html

11.06.2020. Noa Presas asiste a concentración en Ourense en homenaxe ás vítimas acompañando ás familias.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-propon-protocolo-seguridade-visitas-residencias-maiores-fagan-coas-maximas-garantias-sanitarias/20200525133955027067.html

17.06.2020. Na presentación da candidatura por Ourense para as eleccións galegas de xullo, Ana Pontón compromete un modelo de residencias público capaz de garantir o dereito das persoas maiores a unha vellez digna. "O meu compromiso é a construción e posta en marcha de sete residencias públicas nas grandes cidades en catro anos, sete centros públicos, con cartos públicos, que serán a punta de lanza dun modelo de xestión pública para o coidado das persoas maiores no que se garanta o dereito a unha vellez digna", dixo a portavoz nacional, que fixo referencia expresa a Celanova.  

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/06/17/bng-compromete-construccion-siete-residencias-publicas-ciudades-gallegas/00031592396581106884877.htm

23.06.2020  "Ao final, foi en casos como o da residencia de Celanova, onde se tivo que autoorganizar a veciñanza para socorrer as traballadoras exhaustas. Unha vez máis, o pobo salvou o pobo", declara a deputada Noa Presas, nunha entrevista en prensa.  

25.06.2020  Moción do BNG rexistrada o 6 de maio e revisada o 18 de xuño no seu punto terceiro que foi aprobada por unanimidade no pleno extraordinario celebrado este xoves. 

1️⃣O pronunciamento da corporación municipal de Celanova a favor das familias das usuarias e usuarios da Residencia San Carlos de Celanova, que teñen o dereito a recibir unha atención sanitaria xusta e equitativa, de acordo cos protocolos sanitarios e tal como establece a lexislación estatal vixente, a Carta dos dereitos Fundamentais da Unión Europea (art.35) e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (art.25).

2️⃣ O compromiso da corporación municipal de Celanova de acompañar ás familias dos residentes e ao conxunto das traballadoras do centro de maiores de Celanova na aclaración dos feitos e nas actuacións que con este obxectivo emprendan tanto familias como traballadoras.

3️⃣ Inste ao goberno municipal a demandar das autoridades sociosanitarias competentes o resultado da recente inspección na Residencia San Carlos e calquera outro informe técnico referido a este centro que contribúa a explicar o que está a acontecer na Residencia San Carlos de Celanova, desde o inicio da pandemia a principios de marzo até o presente, en todo o referido á atención prestada aos residentes e ás condicións materiais de traballo das empregadas. E que permita mostrar con máxima transparencia toda a información que circulou nas Consellerías de Sanidade e Política Social.

Mitin Celanova 28 de xuño 202028.06.2020  No mitin da campaña electoral das Galegas 2020 na Alameda de Celanova, a candidata por Ourense, Noa Presas, compromete ao BNG na demanda dunha comisión de investigación no futuro Parlamento galego que procure a verdade, a xustiza e a reparación co acontencido nas residencias do país.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2020/06/29/presas-promete-verdade-xustiza-reparacion-mitin-celanova/00031593385217078400461.htm

01.07.2020  Intervención de Noa Presas no debate de candidatas da TVG. A cabeza de lista do BNG por Ourense confronta coa líder provincial do PP e lembra que a Xunta de Galiza non interviu en Celanova cando coñecía contaxios desde o mércores 18 de marzo. 

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/noa-presas-residencia-celanova/20200705101156000793.html

Luns, 27 de xullo

O BNG Celanova publica na súa páxina web un comunicado no que responde ás imprecisións e mentiras vertidas polo Alcalde de Celanova durante a súa intervención no pleno do 25 de xuño a respecto do sucedido durante a crisis do surto de covid19 na Residencia San Carlos de Celanova.

Martes, 28 de xullo

O BNG fai público o seu apoio á moción rexistrada o día anterior por familiares de usuarias da Residencia e que deberá presentarse ao día seguinte no pleno ordinario de xullo.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2020/07/28/bng-pide-pleno-refuerzo-residencia-san-carlos-pac-celanova/00031595948550977289130.htm

Mércores, 29 de xullo.
Pleno municipal. Chegado o punto 6, onde se presentan asuntos urxentes, o Alcalde e o resto de grupos intentan ignorar a moción rexistrada polas familias. Leopoldo Rodríguez, portavoz municipal do BNG, presenta a moción. Celanova Decide (4 concelleiros) e PP (6) votan en contra de que se considere a moción e bloquean o debate.

Xoves, 30 de xullo
La Voz de Galicia publica a primeira das crónicas sobre o pleno do día anterior na que subliña o compromiso do BNG coas demandas das familias. E recolle unhas declaracións do voceiro nacionalista, Leopoldo Rodríguez, o único voceiro que falou após a sesión plenaria.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2020/07/30/pleno-celanova-rechazo-urgencia-debatir-mocion-usuarios-residencia/0003_202007O30C5993.htm

Leopoldo 11 de agosto (1)11.08.2020. O portavoz municipal do BNG de Celanova, Leopoldo Rodríguez, e unha decena de militantes nacionalistas da vila e da comarca participan na homenaxe cívica que as familias e a asociación REDE renden ás 11 vítimas da covid na Residencia San Carlos. O acto ten ampla repercusión entre a veciñanza e nos medios de comunicación.

Nos días seguintes, o BNG lembra que a residencia "é a parte máis vulnerábel á covid en Celanova e como representantes políticos non imos baixar a garda", e advirte que "O BNG de Celanova continuará acompañando ás familias nas homenaxes e reivindicacións da memoria dos seus e nas demandas para coñecer o que pasou e para que se corrixan canto antes os erros e as eivas na atención."

"Non imos baixar a garda" (14 de agosto) http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/non-imos-baixas-garda/20200814100023000841.html

24.08.2020. Comunicado do BNG de Celanova. As nacionalistas advirten que na base da Residencia San Carlos hai unha parte pública, o que abre a porta ao rescate desde o público. O BNG pretende que o Concello se comprometa, asuma a súa responsabilidade, participe da co-xestión e colabore no financiamento de maneira estábel. O que se lle pide ao Concello é que asuma a súa responsabilidade, e o que se lle pide ao Padroado é que se abra ao resto de grupos da corporación, ás familias e ás traballadoras. 

http://celanovabaixalimia.bng.gal/articulo/portadas/celanova-ten-botar-man-da-residencia/20200824081944000851.html 

FOTO ROLDA DE PRENSA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN RESIDENCIAS26.08.2020. As deputadas do BNG, Montse Prado e Olalla Rodil mantiveron un encontro  con familiares de persoas  usuarias das residencias de maiores e representantes de REDE (Federación de asociacións de usuarios de residencias e depencencia) e FAUDEMA para presentarlles a solicitude de creación dunha comisión de investigación sobre o  acontecido nestes centros durante a pandemia. Rodil anunciou que o BNG rexistrou a petición da comisión respondendo ao compromiso, xa avanzado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no mes de abril, cando afirmou públicamente que esta sería unha das “primeiras iniciativas do grupo parlamentario nacionalista no inicio da XI Lexistatura”. Tras o encontro, a deputada do BNG insistiu na necesidade de investigar o acontencido nestes centros durante a pandemia  por “xustiza, verdade e reparación”. Neste sentido, indicou que en Galiza faleceron a día de hoxe, 633 persoas pola COVID-19 das que 278 dependían das residencias de maiores. As residencias, explicou Rodil, foron “na primeira onda do virus un dos principais focos de contaxio” até o punto de producirse no noso país situacións de enorme gravidade como as vividas na Residencia San Rosendo de Celanova ou nas DomusVI de Cangas.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-rexistra-parlamento-galego-creacion-dunha-comision-investigacion-xestion-das-residencias-maiores-pandemia/20200826141814027980.html

 

 

ÚItimas publicacións en prensa en relación ao caso

 

DOMINGO 29.03.2020

- Las familias de los positivos de Celanova: "Estamos realmente preocupados con los que se quedan aquí"​, por A. G. T. en Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/03/29/familias-positivos-celanova-realmente-preocupados/2269309.html

- "Y el bicho nos dejó solos", por Silvia R. Pontevedra en El País:  https://elpais.com/ccaa/2020/03/28/galicia/1585414793_076415.html

LUNS 30.03.2020

- ​Días clave en los geriátricos: “Lo que hacen los trabajadores es fantástico", por Pablo Galán en La Región: https://www.laregion.es/articulo/ourense/dias-clave-geriatricos-hacen-trabajadores-es-fantastico/20200329231617935831.html

- "En Galicia hemos lanzado un mensaje claro de que los mayores nos importan" [M.A. Vázquez, ao fronte do centro intermedio de Baños de Molgas] https://www.laregion.es/articulo/ourense/galicia-hemos-lanzado-mensaje-claro-mayores-nos-importan/20200331004244936168.html

MARTES 31.03.2020

- El BNG exige información diaria para las familias de los residentes en Baños de Molgas https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/30/bng-exige-informacion-diaria-familias-residentes-banos-molgas/00031585587736848569303.htm

XOVES 02.03.2020

- 98 años y de regreso a casa. Dio positivo tras ingresar en el CHUO con neumonía pero su evolución es favorable y ha recibido el alta. Permanece en Molgas. https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/04/02/98-anos-regreso-casa/2271136.html

VENRES 03.04.2020

- Las redes se vuelcan con las familias de los usuarios celanoveses trasladados a Os Milagros https://www.laregion.es/articulo/celanova/redes-vuelcan-familias-usuarios-celanoveses-trasladados-milagros/20200403093416936785.html

- Diez días para una llamada. https://www.laregion.es/articulo/ourense/diez-dias-para-una-llamada/20200403222310936944.html?fbclid=IwAR2-0pFIjpGBZMquYblvh4H807TRoqVLj_LL_UH1n9V_2xQ77ZaveMuGA2Y

MERCORES 08.04.2020

- Faro de Vigo: La Residencia San Carlos vuelve a pedir "más manos" por un personal "agotado". https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/04/08/residencia-san-carlos-vuelve-pedir/2273646.html 

VENRES 10.04.2020

- Solicitan intervir a residencia Nosa Señora da Esperanza antes de se produza “un masacre”. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/solicitan-intervir-residencia-nosa-senora-da-esperanza-antes-produza-masacre/20200410184132095043.html

DOMINGO 12.04.2020

- El BNG denuncia que el Sergas no realiza un segundo test al personal sociosanitario con COVID-19 para darle el alta. https://www.eldiario.es/galicia/politica/BNG-denuncia_0_1015948710.html

- O Bloque Nacionalista Galego denuncia que “na Residencia San Carlos de Celanova faltan recursos humanos e materiais, que o persoal ao cargo non recibiu a formación necesaria e non se están a atender as recomendacións dos expertos en xeriatría”. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/bng-pide-xunta-intervena-residencia-celanova/20200412180107095077.html?fbclid=IwAR02zaJc67U07j2eOSuNILnU5lYVde0U27M8qZqfK5Ws-UUrv2-ceZxHKUI

LUNS 13.04.2020

- Unha traballadora de Celanova que debía reincorporarse á residencia dá positivo no 2º test, que o Sergas eliminara. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/traballadora-celanova-debia-reincorporarse-ao-servizo-da-positivo-2o-test-sergas-eliminara/20200413144019095117.html

XOVES 15.04.2020

- O centro de Celanova está sen enfermeiras e os anciáns "perdidos, chorando e asustados. https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/123493-centro-celanova-enfermeiras-ancians-perdidos-chorando-asustados?fbclid=IwAR1JrDcgnWatDamehqoiGGBcQlBkHHtPL3JaGm-PJ4MDPBZk7zlx51ORBxA

SÁBADO 18.04.2020

- O Sergas deriva un positivo na COVID-19 á residencia de Celanova con persoas sas. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/sergas-deriva-positivo-residencia-celanova-persoas-sas/20200418210344095546.html

LUNS 20. 04. 2020

- "desde el propio Sergas que, tras cotejar los datos, ayer reconocía el retorno de un paciente 'que se produjo en base al criterio clínico y consensuado'. https://www.laregion.es/articulo/celanova/bng-celanoves-acusa-sergas-mentir-caso-traslado/20200419222201940436.html

MÉRCORES 22. 04. 2020

- "O descoñecemento que Sanidade ten das residencias dificulta que entendan a realidade da situación" ENTREVISTA | Miguel Ángel Vázquez. https://adiante.gal/o-desconecemento-que-sanidade-ten-das-residencias-dificulta-que-entendan-a-realidade-da-situacion/

- A Xunta nega que cesase ao director da residencia de Molgas. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/xunta-cesa-director-da-residencia-molgas-apos-suas-criticas/20200422132941095762.html

XOVES 23. 04. 2020

- El Sergas devuelve un positivo en covid-19 a una residencia de Ourense que continúa sin médico. https://m.publico.es/sociedad/2541979/el-sergas-devuelve-un-positivo-en-covid-19-a-una-residencia-de-ourense-que-continua-sin-medico/amp?utm_source=twitter&utm_medium=social&utm_campaign=publico&__twitter_impression=true

- "Lo que han hecho en España con los mayores es una barbaridad epidemiológica". https://www.laregion.es/articulo/ourense/han-hecho-espana-mayores-es-barbaridad-epidemiologica/20200423091122941208.html 

VENRES 24. 04. 2020

- Reclaman que a Xunta interveña a residencia de Celanova ante a falta de atención a enfermos da COVID-19. https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/124416-reclaman-xunta-intervena-residencia-celanova-falta-atencion-enfermos-covid-19

SÁBADO 25. 04. 2020

- O centro de maiores de Celanova, o de maior taxa de mortes por COVID-19 de Ourense con case un 20%. http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/124543-centro-maiores-celanova-maior-taxa-mortes-covid-19-ourense-20

MARTES, 29.04.2020

- Un caso negativo segue na planta das persoas con COVID en Celanova por falta de habitacións. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/caso-negativo-segue-planta-das-persoas-covid-celanova-falta-habitacions/20200429124402096275.html

MÉRCORES, 29.04.2020

- El BNG denuncia que una usuaria de la residencia de Celanova que dio negativo sigue en la "planta de Covids". https://www.laregion.es/articulo/celanova/bng-denuncia-usuaria-residencia-celanova-dio-negativo-sigue-planta-covids/20200429192532942928.html

VENRES, 08.05.2020

- El alivio en la residencia de Celanova: de pedir manos a estar libre de virus. https://www.efe.com/efe/espana/destacada/el-alivio-en-la-residencia-de-celanova-pedir-manos-a-estar-libre-virus/10011-4241498

- Unha marcha lembrará as vítimas nas residencias e denunciará Núñez Feixoo. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/marcha-lembrara-vitimas-nas-residencias-denunciara-nunez-feixoo/20200507211229097183.html

MÉRCORES, 13.05.2020

- La Región: https://www.laregion.es/articulo/celanova/mayores-residencia-san-carlos-libran-virus/20200512222957945869.html [A dirección eventual da residencia manifesta a súa oposición á proposta das familias para poder empezar a visitar aos seus. “Non debemos expoñelos”, declara a portavoz en contra do criterio de psicólogos e psiquiatras]

- A Xunta ultima protocolo para apertura gradual das residencias: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1954913/xunta-ultima-protocolo-apertura-gradual-residencias-centros-dia-discapacidad

XOVES, 14.05.2020

- A Xunta permitirá visitas: https://praza.gal/acontece/a-xunta-permitira-visitas-a-residencias-de-maiores-nos-concellos-menos-afectados-polo-virus-que-seguen-sen-ser-publicos

SÁBADO, 16.05.2020

- Comunicado da Xunta de Galiza sobre as residenciashttps://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48970/feijoo-avanza-protocolo-reactivacion-dos-centros-maiores-discapacidade-para-unha?langId=gl_ES

DOMINGO, 17.05.2020

- La residencia que pidió auxilio... https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/05/17/volver-vida-exteriorla-residencia-pidio-auxilio-gano-partida-contra-coronavirus/0003_202005G17P22992.htm

XOVES, 21.05.2020

- O Parlamento de Catalunya investigará ás residencias. https://www.vilaweb.cat/noticies/parlament-catalunya-residencies-gent-gran/

LUNS, 25.05.2020

- La oposición exige a Feijóo transparencia e investigación sobre los sucedido en las residencias de mayores durante la epidemia. https://www.eldiario.es/galicia/politica/oposicion-Feijoo-transparencia-investigacion-residencias_0_1030997348.html

XUÑO 2020

DOMINGO. 07.06.2020. - Fabiola García: «Hay que mantener la supervisión de los servicios sanitarios a las residencias» https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/06/06/mantener-supervision-servicios-sanitarios-residencias/00031591445368383852270.htm?fbclid=IwAR2zxNneVrdwuChgnFC1MR55Th5xBjTbFyV0fKTeBFFCMGVI-tSftpXOqiY

DOMINGO. 14.06.2020 - "Cuando parece que ya estoy bien, vuelvo a recaer". https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/06/14/parece-vuelvo-recaer/2300543.html?fbclid=IwAR3niSr1Xobc5-BPuUa1II5HC9NgBLKy38ckbCn-h-zmvXO7hqAMk_yK6X0

MÉRCORES. 17.06.2020 Ana Pontón compromete un modelo de residencias público - https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/06/17/bng-compromete-construccion-siete-residencias-publicas-ciudades-gallegas/00031592396581106884877.htm

MARTES. 23.06.2020 - Noa Presas: "Ourense é unha praza fundamental para tombar a maioría do PP" https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/noa-presas-ourense-praza-fundamental-tombar-maioria-do-pp/20200622212942100038.html?fbclid=IwAR0dE52pHtDBZFxaN1sohguHPik2Uv9Pnezg6jdVHTuni9syzhY5Xzc6LO4

 

XULLO 2020

Mércores 01.07.2020 - Debate de candidatas por Ourense na TVGhttp://www.crtvg.es/tvg/a-carta/debate-provincial-ourense-4466733

Xoves. 02.07.2020. - Xuntanza BNG e familiares en Ourense. https://www.elprogreso.es/content/print/ponton-promete-residencias-7-urbes-servicio-publico-galicia/202007022125421447417 (El Progreso) https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/07/02/ponton-promete-crear-residencias-mayores-siete-ciudades-servicio-publico-galicia/00031593687894690290504.htm (La Voz)

Sábado 04.07.2020 - Toma de declaración ao persoal da Residencia San Carlos. https://www.laregion.es/articulo/celanova/fiscalia-interroga-trabajadoras-san-carlos/20200703223354957330.html (La Región) https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/07/04/primer-paso-parque-acuatico-pereiro/2309329.html (Faro) https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2020/07/04/fiscalia-toma-declaracion-trabajadores-cuatro-asilos-afectados-epidemia/0003_202007O4C8996.htm (LaVoz)

 

AGOSTO 2020

Mércores 12.08.2020 - Homenaxe cívica ás vítimas da covid na Residencia de Celanova. https://www.laregion.es/album/celanova/celanova-recuerda-victimas-fallecidas-causa-virus/20200811181501966127.html

Sábado 22.08.2020 - La residencia de Celanova alega que la falta de enfermeros impide reforzar la plantilla. https://www.laregion.es/articulo/celanova/residencia-celanovesa-alega-falta-enfermeros-impide-reforzar-plantilla/20200821214541967982.html

Luns 24.08.2020 - El BNG de Celanova pide que el Concello asuma la co-gestión de la San Carlos. https://www.laregion.es/articulo/celanova/bng-celanova-pide-concello-asuma-co-gestion-san-carlos/20200823204151968292.html

Mércores 26.08.2020. El BNG impulsa la investigación sobre el impacto del covid en las residencias y pide «reparación». https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/08/26/bng-impulsa-investigacion-sobre-impacto-covid-residencias-pide-span-langglreparacionspan/00031598442393744110427.htm

...

Información #covid19 na Residencia [actualización 30.08.2020]