BNG CARTELLE: A ilusión experta
O BNG impulsa en Ramirás a investigación das irregularidades nos obradoiros Río Arnoia e Ecoterras
O pleno de Ramirás insta á Alcaldía a informar sobre o incumprimento da normativa nas probas de selección do obradoiro Río Arnoia, que organiza o concello xunto aos de Cartelle e A Merca.
Tamén pide á Alcaldía que esixa a convocatoria dun pleno extraordinario na Mancomunidade para tratar o incumprimento da mesma normativa no proceso de selección do obradoiro Ecoterras, que organiza o ente mancomunado.
O BNG demanda explicacións pola pésima cobertura móbil e internet do concello de Cartelle
Cartelle, A Merca e Ramirás incumpren as bases dun obradoiro de emprego
As nacionalistas advirten que non se realizou entrevista ningunha ás aspirantes a alumnas, mais a nota dese exercicio foi decisiva para adxudicar varias prazas nos tres concellos.
Levarán mocións aos distintos plenos municipais e reclamarán unha revisión do proceso así como unha eventual anulación se se confirman as irregularidades.
Tamén protestan porque as aspirantes non recibiron rexistro da documentación que presentaron e porque o prazo para as reclamacións incluíu un sábado e un domingo.
O BNG de Cartelle exixe unha actuación urxente para a posta en valor do Castro de Pereda
O alcalde de Cartelle di que o plan da alcaldesa de Ramirás para o Arnoia non foi máis que “unha conversa”
O BNG pregunta no pleno polo proxecto publicitado hai 9 meses na prensa por Isabel Gil (PSOE) e Jaime Sousa aclara que apenas foi un contacto verbal “á saída dunha reunión da Mancomunidade”.
A corporación de Cartelle aproba a proposta nacionalista para potenciar a feira e procurar unha coordinación comarcal deste tipo de eventos, como xa se acordou na Merca e en Celanova, tamén por iniciativa do BNG.