Celanova
Portadas
Instalacións da Mancomunidade Terra de Celanova. verán 2020 (2)

O BNG impulsa en Ramirás a investigación das irregularidades nos obradoiros Río Arnoia e Ecoterras

O pleno de Ramirás insta á Alcaldía a informar sobre o incumprimento da normativa nas probas de selección do obradoiro Río Arnoia, que organiza o concello xunto aos de Cartelle e A Merca.

Tamén pide á Alcaldía que esixa a convocatoria dun pleno extraordinario na Mancomunidade para tratar o incumprimento da mesma normativa no proceso de selección do obradoiro Ecoterras, que organiza o ente mancomunado.

Ler novas
Portadas
Celanova Q1

Celanova vai o esprinte cara outra peonalización chapuceira do goberno Puga

“Como se pode falar de humanizar o centro urbano cando o que se pretende e rodear o Mosteiro e a praza Maior con 500 prazas de aparcadoiros?”, cuestiona o portavoz nacionalista.  

O BNG pedirá que se adíe a aplicación da medida e se convoque un proceso de participación no que a veciñanza toda poda informarse, opinar e propoñer alternativas.

Ler novas
Portadas
corta portada

Esiximos que o alcalde de Celanova faga público o informe arqueolóxico do proxecto eólico no Monte da Neve

As nacionalistas denuncian que, malia o acordo plenario alcanzado por unanimidade en abril para que o Concello ofrecese información á veciñanza, o alcalde aínda non deu a coñecer sequera as súas propias alegacións contra o proxecto.

“A cidadanía é consciente de que Galiza non pode ser simplemente un lugar onde se espolien recursos para engordar a conta de resultados das grandes compañías eléctricas”, resumiu o deputado Iago Tabarés.

As nacionalistas continuarán nas próximas semanas a campaña informativa iniciada hoxe por outras localidades da comarca.

Ler novas
Portadas
Leopoldo Rodriguez concelleiro BNG Celanova durante o pleno (2)

O alcalde asumiu o mandato falanxista de “perpetuar o legado”

Acordo sobre a iniciativa do BNG informar ás veciñas sobre o proxecto de polígono eólico.

O BNG consegue ademais sacar adiante propostas para o coidado do río Arnoia, a retirada de paneis de obras.

O goberno municipal presenta, trece meses despois de comezada a crise, a primeira liña de axudas na que inviste menos dun terzo do remanente e incorre en gasto superfluo en novas máquinas de limpeza.

Ler novas
Vídeo
Pleno Celanova xaneiro 2021. Debate Orzamentos

Pleno Celanova xaneiro 2021. Debate Orzamentos

Intervencións de Leopoldo Rodríguez, portavoz do BNG Celanova, sobre as contas municipais e resposta dos portavoces Pulido (CD) e Teresa Barge (PSOE) dos grupos que conforman o goberno. Os orzamentos saíron adiante cos 6 votos do goberno e malia as abstencións do BNG e do PP.
Ler novas
Portadas
celanova Google1

O BNG propón un banco de locais, formación e circuítos curtos para o comercio local de Celanova

As nacionalistas volverán exixir no pleno as medidas acordadas en xuño de axudas directas, aforros fiscais e orientación para autónomos e comerciantes.

Despois de discutilas cos propios comerciantes, o BNG apoiará as iniciativas de Celanova CHEA para crear un 'market place', un programa de bonos para incentivar o consumo e crear un servizo de reparto.

O BNG critica que o alcalde “tarde cinco meses en botar unha firma” para arrancar os trámites da redacción das bases que regularán unhas axudas das que non di en que consisten, que orzamento comprometen e cando serán efectivas.

Ler novas
Portadas
Cercado 3

O BNG pide beirarrúas na baixada do Cercado

As nacionalistas advirten que o tramo inicial da rúa é perigoso para peóns e vehículos e que o tráfico se incrementou co traslado ao auditorio de actividades da Escola de Música.

O BNG volve reclamar que se elabore un plan de mobilidade, consensuado con asociacións e veciñanza, e que se deixen de improvisar solucións como os dous aparcadoiros que se crean coa etiqueta de “provisionais”. 

Ler novas
Vídeo
Leopoldo Rodriguez defende moción auxilio á Residencia.

Leopoldo Rodriguez defende moción auxilio á Residencia.

Seis meses despois, tras unhas semanas de intenso traballo político do BNG de Celanova para informar ás familias, ás traballadoras e á dirección do centro dunha iniciativa para que o Concello botase man da residencia, no pleno de onte corroborouse o acordo unánime dos grupos impulsado polas nacionalistas. “Diante do medo e da incerteza que poden sufrir os anciáns, as familias, as traballadoras e os directivos, unidade e compromiso político, como resposta a un amplo respaldo social”, dixo Leopoldo Rodríguez. A moción achega dous compromisos por parte da corporación municipal: unha axuda económica para que a Residencia San Carlos poida superar o impacto nas súas contas da crise da covid e empezar a adaptarse á nova normalidade, e a incorporación dos grupos políticos, das familias e das propias traballadoras ao Padroado que dirixe a residencia a través dunha fórmula que haberá de concretarse en canto os patróns accedan á modificación dos estatutos.
Ler novas