O BNG non asistirá á cerimonia do Premio Celanova
PP e CD rexeitan a proposta de moratoria eólica en Celanova
O grupo do alcalde e os populares néganse a debater unha declaración institucional para paralizar calquera proxecto eólico no municipio e asumen que “a Xunta xa fai todo o traballo de control” mentres o Plan Eólico, obsoleto, deixou hai tempo de protexer a saúde das persoas, o medio e o patrimonio contra este tipo de instalación.
O BNG deixa constancia da súa protesta contra o uso político do Premio Celanova, concedido polo alcalde e membros do PP, para tratar de tapar a nefasta xestión da Xunta e da propia Alcaldía na crise da covid na Residencia San Carlos, hoxe en mans dun conglomerado privado.
As nacionalistas preguntan o Alcalde onde está o estudo de turismo que acompaña o informe coñecido como “Proyecto de Humanización del Casco Histórico de Celanova para fomento del turismo", e o Alcalde responde que non sabe nada, que el non fai os informes, que lle pregunten o técnico.
O alcalde de Celanova abandonou a opción pública para a Residencia
O BNG preguntará o alcalde de Celanova se xa asumiu a súa responsabilidade no Padroado da San Carlos
Hai un ano o virus da covid atacou o centro de maiores de Celanova, o centro socio-sanitario máis importante do Concello que atende uns 60 residentes e dá traballo a máis de 30 persoas. Os efectos do virus foron tremendos. A primeira vítima oficial nunha residencia galega foi unha residente da San Carlos de Celanova o 19 de marzo. O domingo 22 xa se coñecía a gravidade do brote: 24 contaxios.
O Concello de Celanova négase a axudar á Residencia San Carlos
A portavoz do PSOE acusa o BNG de estar “facendo política” (?) e di que a veciñanza “pensa que hai cousas” máis urxentes que “gastar 72.000 euros” en axudar anciáns “que non son os únicos anciáns, porque hai outros en centros de día e fogares” que tamén o precisan.
O alcalde tamén escapa de comprometerse a asumir a súa obriga no Padroado da San Carlos, como membro nato en representación da Alcaldía, di que se ofreceu despois de pedir os Estatutos e as Actas das reunións “para facer o mesmo que fixeron anteriores alcaldes”. Leva 18 meses fuxindo.
Debate sobre a axuda á Residencia no pleno de xaneiro 2021
O alcalde foxe da súa responsabilidade no Padroado da Residencia
O concelleiro do BNG de Celanova doa os 430 euros das axudas de custo á Residencia
As nacionalistas volverán convidar aos grupos, como xa o fixeron en novembro, a avanzar na concesión da subvención que demanda o Padroado da San Carlos.
Tamén insistirán en que se designe canto antes a nova representación da corporación no órgano reitor e que o alcalde asuma a súa responsabilidade.
A Residencia: máis pública, máis democrática e mellor financiada
O BNG levou adiante as negociacións co Padroado durante o verán e convenceu aos grupos para reclamar, ademais da presenza de familiares e traballadoras, a doutro represente da corporación no órgano de dirección.
O pleno comprometeu en setembro unha subvención para o centro de maiores e a dirección da residencia solicita 72.000 € para compensar o efecto da pandemia sobre as súas contas.