covid19
Portadas
Aresidencia12a

O BNG non asistirá á cerimonia do Premio Celanova

O BNG de Celanova adoptou a decisión en protesta polo uso político do galardón por parte do PP e do alcalde de Celanova, que tratan de tapar a nefasta xestión da Xunta e do goberno local durante a crise da covid no centro de maiores.
Ler novas
UNKNOWN
Homenaxe das familias en decembro pasado

O BNG preguntará o alcalde de Celanova se xa asumiu a súa responsabilidade no Padroado da San Carlos

Hai un ano o virus da covid atacou o centro de maiores de Celanova, o centro socio-sanitario máis importante do Concello que atende uns 60 residentes e dá traballo a máis de 30 persoas. Os efectos do virus foron tremendos. A primeira vítima oficial nunha residencia galega foi unha residente da San Carlos de Celanova o 19 de marzo. O domingo 22 xa se coñecía a gravidade do brote: 24 contaxios.

Ler novas
Portadas
Homenaxe de familiares ás vítimas na Residencia. Praza Maior de Calenova. 11.12.2020. Organizado por REDE

O BNG advirte que o novo caso de covid na Residencia esixe unha reacción inmediata da corporación

As nacionalistas reiteran a súa disposición ao resto de grupos para avanzar na axuda municipal en xestión e recursos ao centro de maiores, e propoñen un acordo previo ao pleno da semana que vén.
Ler novas
UNKNOWN
Pleno municipal de Celanova do 23 de setembro de 2020

O BNG pide designar no próximo pleno á representante da corporación no padroado da residencia de Celanova

As nacionalistas buscarán un consenso entre os grupos para que a axuda urxente de 72.000 euros que solicita o centro de maiores se acorde tamén no pleno de novembro e se faga efectiva antes de final de ano.
Ler novas
Portadas
Acto na praza Maior o 11 de setembro de homenaxe ás vítimas da covid na residencia de Celanova organizado por REDE

As familias, dispostas a entrar no padroado da residencia de Celanova, piden reforzar xa o persoal

A federación galega de usuarias de residencias, REDE, saúda a decisión do consello reitor da San Carlos de aceptar a proposta municipal para que familias e grupos políticos colaboren na xestión do centro.
Ler novas
Portadas
Residencia San Carlos de Celanova

A Residencia: máis pública, máis democrática e mellor financiada

O BNG levou adiante as negociacións co Padroado durante o verán e convenceu aos grupos para reclamar, ademais da presenza de familiares e traballadoras, a doutro represente da corporación no órgano de dirección.

O pleno comprometeu en setembro unha subvención para o centro de maiores e a dirección da residencia solicita 72.000 € para compensar o efecto da pandemia sobre as súas contas.

Ler novas
Portadas
Pleno do 25 de xuño de 2020 (5)

Once precisións sobre o discurso do Alcalde, que negou a réplica ao BNG

Despois dun discurso de 23 minutos de auto-eloxio da súa xestión no asunto do brote de covid na Residencia de maiores, vertendo unha morea de imprecisións e mentiras sobre o papel do BNG, e malia que en todo momento se dirixiu o noso voceiro na corporación, o Alcalde negoulle a réplica e fechou así o pleno do 25 de xuño.

Aquí vai a nosa resposta:

Ler novas
Portadas
Noa Presas sobre a residencia de Celanova. Debate de candidatas por Ourense. Galegas 2020.

Noa Presas sobre a residencia de Celanova

Intervención de Noa Presas, candidata do BNG por Ourense, no debate electoral da TVG emitido o 1 de xullo de 2020. Presas fala do abandono da residencia de maiores de Celanova por parte da Xunta durante a crise da covid19
Ler novas
Vídeo
Intervencion MARIA Rodriguez Pleno 25 06 2020

Intervencion MARIA Rodriguez Pleno 25 06 2020

Intervención de María Rodríguez en nome de familiares de usuarias da San Carlos e como membro de REDE, a asociación galega de familiares de usuarias de residencias, despois de rematado o pleno de Celanova este xoves. (25.06.2020). "...queremos la verdad Queremos justicia Por respeto a las víctimas, las que murieron, las que sufrieron Por respeto a nosotras mismas Para seguir adelante, tenemos que cerrar la herida Recuérdenlo todos los días Porque murieron 11 personas Nosotros lo seguiremos haciendo cada día. Por ellas estamos aquí Y aquí nos plantaremos en su honor Hasta que se haga justicia Recuérdenlo todos los días Ayúdennos Sean justos, valientes." María Rodríguez, veciña de Celanova, foi a primeira familiar das ususarias afectadas por brotes da covid19 nas residencias do país que conseguiu falar de xeito presencial diante dunha corporación municipal, aínda que fose "fóra do pleno", a causa doutro xesto deshnesto do alcalde, quen primeiro negou activar o "escano cidadá", despois ignorou durante catro días a instancia presentada pola membro de REDE e despois convidouna a mañá do pleno "a falar no pleno" e só lle deu a palabra despois de dar por finalizada a sesión. O alcalde pode deixar o testemuño de María fóra da acta da sesión e abondar na ignominia da actuación institucional, pero o que non pode é deixalo fóra da historia do que aconteceu (e segue a pasar) na San Carlos. É a súa historia, a historia das vítimas.

Ler novas